Música con Os Tres Tenedores

O Tenedor Itinerante de Os Tres Tenedores

Os Tres TenedoresA compañía Os Tres Tenedores presenta este espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías… Unha historia divertida, didáctica e orixinal onde os nenos serán tamén os protagonistas principais do espectáculo. Este grupo de musicólogos e docentes con amplia experiencia, animarán aos nenos a participar probando eles mesmos os instrumentos.

O Tenedor Itinerante é un espectáculo a pé de rúa, adaptándose a calquera espazo, sen equipo de son e cos materiais necesarios para facer pasar un bo rato aos máis pequenos e aos non tan pequenos.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 50 minutos aproximadamente

1 de xuño | 19 horas | Mancomunidade de Santa Águeda no Auditorio Municipal de Vilamarín Como chegar

7 de xuño | 18 horas | Casa Común de Rarís en Teo Como chegar *Actuación dentro da programación do festival de fin de curso para as escolas infantís da zona. 

21 de xuño | Cesuras Como chegar

 

 

2 Comentarios

  1. Me pongo en contacto con vosotros primero para felicitaros por vuestro trabajo, ya q nos dais toda la informacion posible para poder disfrutar con nuestros pekes de de numerosas actividades y segundo para comentaros q me acabo de informar sobre la actuacion de os tres tenedores na casa comun de raris y me dicen q es un acto privado para la clausura del curso en guarderias del concello de teo por lo tanto no es un acto abierto a todo el publico. Si vosotros teneis otra informacion agreceria q me la dieses.
    Un saludo y gracias de antemano

    • Hola Estrella! Muchas gracias por tus palabras! Nos han pasado la agenda de Os Tres Tenedores, pero desconocíamos que en Rarís era un acto privado. Contactaremos con la compañía para que nos confirmen sus actuaciones! En cuanto tengamos más información la iremos publicando, gracias!
      Un saludo 😉

Escribe un comentario