Museo Galego do Xoguete

En Allariz atopamos o Museo Galego do Xoguete, que nos ofrece unha bonita visita para facer con nenos. Porque nel atoparemos xogos e xoguetes de principios do século XX. Os máis pequenos coñecerán xogos agora esquecidos e recoñecerán outros máis recentes.

Museo Galego do Xoguete nace despois de que un veciño de Allariz, Alberto Oro, doase a súa colección de case 800 xoguetes de distintas épocas: dende comezos de século, ata os anos sesenta aproximadamente. Instalado no Pazo do antigo Xulgado, o Museo amosa pezas orixinais: bonecas, balóns, peóns, avións, coches, trens, soldados, patíns, xogos de mesa, e ata un fantástico futbolín inglés femenino de 1917. Todo un mundo para coñecer cómo xogaban os nenos de antes.

O Museo ofrece tamén a posibilidade da participación activa dos visitantes poñendo á nosa disposición sinxelos xogos de habilidade nos que empregar os sentidos, sobre todo a vista e o tacto.

Dende a súa inauguración en 1994 esta colección está medrando con novas cesións de visitantes que contribúen a enriquecer os fondos do Museo.

¿Por que nos gusta?

É unha divertida maneira de que os nenos de hoxe coñezan os xoguetes cos que medraron os seus pais, os seus avós e incluso os seus bisavós.

  • Horarios:  sábados de 12 a 14h e de 17 a 19h e domingos de 12 a 14h e de 16 a 19 h.
  • Prezo: 1€
  • MUSEO GALEGO DO XOGUETE Como chegar 
  • Para visitar o museo outro día da semana podedes consultalo no teléfono 988 402 008.

Escribe un comentario