Museo Galego da Marioneta en Lalín

O Museo Galego da Marioneta en Lalín é o único museo de monicreques que existe en Galicia e unha referencia ineludible para todos os interesados neste mundo.

A compañía de teatro Viravolta títeres xestiona este espazo no que mostra a súa colección de marionetas coa idea de fomentar o gozo, estudio e recuperación da arte dos títeres. O museo, que cada ano incorpora novas pezas, organiza periódicamente diferentes actividades. Dende o ano 2014 está ubicado no Pazo de Liñares e ofrece aos visitantes dúas salas de exposicións e unha biblioteca. No percorrido ao longo das dúas salas os visitantes poderán coñecer as técnicas de manipulación, as formas parateatrais, os xigantes e os cabezóns, os títeres no mundo, a tradición dos títeres e diversas exposicións temporais.

  • Horario: todos os días de 11 a 14h e de 17 a 20 horas
  • Pazo de Liñares en Lalín Como chegar
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 784 694 ou escribir ao mail museodamarioneta@lalin.org.

Escribe un comentario