Móvete cos peques en Ourense

Móvete cos peques en Ourense

movete cos peques ourenseMóvete cos peques é unha xornada de animación para disfrutar en familia de xogos, actividades deportivas e obradoiros. O 1 de xuño no Pavillón dos Remedios de Ourense poderedes participar nas diferentes propostas de maneira gratuita. Haberá cinco áreas con actividades simultáneas: a zona de xogos con deportes, xogos populares e xogos con materiais; a zona de campeonatos 3×3 de fútbol e baloncesto; a zona de obradoiros de pastelería creativa, a zona de artes con títeres, debuxo, globoflexia, cómic, decoración de camisetas e maquillaxe; e a zona de bailes.

Dirixido a: nenos de 3 a 12 anos e as súas familias

1 de xuño | de 16 a 20 horas

Pavillón dos Remedios en Ourense Como chegar

 

Andaina cos nenos

Dentro deste mesmo programa de actividades está prevista a Andaina Móvete cos peques o día 15 de xuño. A ruta comenzará no Pavillón dos Remedios ás 10 horas e percorrerá o Paseo das Ninfas ata Outariz, onde se realizarán xogos ao aire libre, regresando ao punto de saída.  Esta actividade está aberta a todos os participantes que o desexen.

 

 

2 Comentarios

  1. me gustaría saber que actividades organmizaís durante el mes de julio en ourense , si trabajais en algún colegio

Escribe un comentario