MOTI 2016 en Ourense

Un Nadal máis chega á cidade de Ourense a Mostra de Teatro Infantil MOTI con 16 comañías de teatro de Galicia, Madrid, Cataluña, Asturias, Portugal… en cinco días de espectáculos para gozar en familia.

26 de decembro
  • Obradoiro Paisaxes segredasO obradoiro é unha aproximación á paisaxe galega a través do percorrido das líricas de certas cancións, xerando actividades participativas nas que a música e conductora dos contidos e dos xogos.
    • Dirixido a: nenos de 3 a 8 anos
    • Duración: 60 minutos
    • 26 de decembro | 12 horas
    • Campus de Ourense (Edificio de Ferro)
  • Moby Dick de Teatro Gorakada. Un espectáculo cargado de ritmo, humor, música e aventuras sobre esta obra mestra da literatura universal.
    • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
    • Duración: 60 minutos
    • 26 de decembro | 17 horas
    • Teatro Principal de Ourense
    • Entrada: 8€
  • mobydick_gorakadaConcerto: Magín Blanco e a banda das apertas. Poderedes coñecer as aventuras da Nena e o Grilo e descrubrir os seus segredos a través das súas cancións.
    • Dirixido a: nenos de 3 a 10 anos
    • Duración: 60 minutos
    • 26 de decembro | 18.15 horas
    • Campus de Ourense (Edificio de Ferro)
    • Entrada: 3€
  • abandadasapertasSirenita de La Canica Teatro. Unha bonita versión do conto de Hans Christian Andersen onde a sireniña non terá que renunciar á súa natureza nin ao seu don máis prezado, a súa voz, para deixarse levar pola marea do amor.
    • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
    • Duración: 45 minutos
    • 26 de decembro | 19.30 horas
    • Auditorio Municipal de Ourense
    • Entrada: 4€
27 de decembro
  • Jim e a illa do tesouro de Eme2. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas e descubrirá unha amizade eterna.
    • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
    • Duración: 60 minutos
    • 27 de decembro | 17 horas
    • Teatro Principal de Ourense
    • Entrada: 4€
  • jimeailladotesouroOs soños na gaiola de Títeres Alakrán. O titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños e acompañado do poeta Manuel María, transformado en monicreque.
    • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
    • Duración: 45 minutos
    • 27 de decembro | 18.15 horas
    • Campus de Ourense (Edificio de Ferro)
    • Entrada: 3€
  • ESTREA: O traxe novo da emperatriz de Geppeto, Aula Universitaria de Teatro Infantil. A emperatriz trae de cabeza a todo o reino… quere que lle confeccionen o mellor traxe do mundo… rebelaráse o pobo?
    • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
    • Duración: 50 minutos
    • 27 de decembro | 18.15 e 19.30 horas
    • Auditorio Municipal de Ourense
    • Entrada: 3€
28 de decembro
  • Xoga de Entremáns. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza.
    • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
    • Duración: 60 minutos
    • 28 de decembro | 17 horas
    • Teatro Principal de Ourense
    • Entrada: 4€
  • xoga2Descubridores de Teatro e Marionetas de Mandrágora. Un espectáculo de cores, cheiros e sons para descubrir en familia.
    • Dirixido a: nenos de 1 a 5 anos
    • Duración: 35 minutos
    • 28 de decembro | 18.15 e 19.30 horas
    • Campus de Ourense (Edificio de Ferro)
    • Entrada: 3€
  • Garabato de bicicleta de Guixot de 8. Xogos construídos a partir de materiais vellos.
    • Dirixido a: todos os públicos
    • Duración: 3 horas
    • 28 de decembro | de 17.30 a 19.30 horas e de 20.30 a 21.30 horas
    • Auditorio Municipal, explanada ou no hall
    • Entrada: libre
  • Frankenstein de Ghazafelhos Teatro. Un espectáculo que fala da autoestima do ser humano… poderedes descubrir as aventuras dos protagonistas dende as entranas dun castelo.
    • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
    • Duración: 50 minutos
    • 28 de decembro | 19.30 horas
    • Auditorio Municipal de Ourense
    • Entrada: 4€
frankenstein29 de decembro
  • Pavillón Lino de Caramuxo Teatro. Unha trepidante comedia de variedades para toda a familia pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes…
    • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
    • Duración: 45 minutos
    • 29 de decembro | 17 e 18 horas
    • Teatro Principal de Ourense
    • Entrada: 4€
  • Garabato de bicicleta de Guixot de 8. Xogos construídos a partir de materiais vellos.
    • Dirixido a: todos os públicos
    • Duración: 3 horas
    • 29 de decembro | de 17.30 a 19.30 horas e de 20.30 a 21.30 horas
    • Auditorio Municipal, explanada ou no hall
    • Entrada: libre
  • Basurilla de La Sonrisa del Lagarto. Basurrilla, unha simpática recolledora de lixo, transforma coa súa imaxinación os obxectos en xoguetes divertidos.
    •  Dirixido a: todos os públicos
    • Duración: 60 minutos
    • 29 de decembro | 18.15 horas
    • Campus de Ourense (Edificio de Ferro)
    • Entrada: 3€
  • basurilla_lasonrisadellagartoObradoiro de creación de xoguetes e títeres con La Sonrisa del Lagarto.  Actividade complementaria do espectáculo Basurilla: aprender xogando!
    •  Dirixido a: todos os públicos
    • Duración: 45 minutos
    • 29 de decembro | 19.15 horas
    • Campus de Ourense. Ludoteca (Edificio de Ferro)
    • Entrada: libre
  • Antón Comodón de L’Estaquirot Teatre. Antón emprende unha longa viaxe na que aprende a facer unha morea de cousas…
    • Dirixido a: nenos de 3 a 8 anos
    • Duración: 55 minutos
    • 29 de decembro | 19.30 horas
    • Auditorio Municipal de Ourense
    • Entrada: 4€
antoncomodon30 de decembro
  • O meu avó é mago de Mundo Mandarina. A pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista Antón Chipirón.
    • Dirixido a: todos os públicos
    • Duración: 60 minutos
    • 30 de decembro | 17 horas
    • Teatro Principal de Ourense
    • Entrada: 4€
  • Sinergia de Nueveuno. Un espectáculo de circo contemporáneo que combina malabares, manipulación de obxectos, danza, música…
    • Dirixido a: todos os públicos
    • Duración: 60 minutos
    • 30 de decembro | 19.30 horas
    • Auditorio Municipal de Ourense
    • Entrada: 4€
¡Compártelo!
Artículo anteriorNadal en Lugo
Artículo siguienteParque Xurásico en Vigo

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.