Festival de Teatro Galego en O Carballiño 2016

Xa comezou o Festival de Teatro Galego do Carballiño cunha programación para todos os públicos. Trátase do festival escénico máis antigo de Galicia.

Estos son os espectáculos familiares, pero podedes consultar todo o programa na web www.fetega.gal.

GIRISHO: THE KING OF THE CIRCUS de Desastronauts

Teñan coidado porque é grande, estúpido e perigroso. Chegará voando ás súas prazas e pode converterse nun auténtico pesadelo. Girisho Gordon é un artista de circo británico, que leva varios anos afincado en Galicia. Girisho, The King of the Circus é unha peza de circo para toda a familia con moito humor, habilidade e enerxía.

  • 7 de setembro | 20 horas | Anfiteatro da Veracruz | *de balde

 

TRASNO de Pistacatro Productora de Soños

Podes soñar coa maxia, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas polo artista Pablo Trasno, capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas e con todo o seu abanico de técnicas circenses.

  • 8 de setembro | 20 horas | Anfiteatro da Veracruz | *de balde

 

UP2DOWN de Traspediante

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular. As bailarinas Marta Alonso e Paula Quintas interpretan a dous personaxes definidos polo seu estatus antagónico: o alto e o baixo; a funambulista e a payada. Xunto a elas o espectador recorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata que alcanzan un punto de encontro; o equilibrio.

  • 9 de setembro | 20 horas | Anfiteatro da Veracruz | *de balde

 

 

ACTIVIDADES PARALELAS

  • Circo con Barafunda Animación. Animación de rúa
    • 7 de setembro | 12 – 18.30 – 22 horas
  • OBRADOIRO de acrobacia con Pista Catro | Praza do Concello
    • 7 de setembro | 12.30 e 17.30 horas
  • Globadores tolos con Barafunda Animación. Animación de rúa
    • 8 de setembro | 12 – 18.30 – 22 horas
  • OBRADOIRO de equilibrios con Pista Catro | Praza do Concello
    • 8 de setembro | 12.30 e 17.30 horas
  • Autobús clown con Barafunda Animación. Animación de rúa
    • 9 de setembro | 12 – 18.30 – 22 horas
  • OBRADOIRO de clown con Pista Catro | Praza do Concello
    • 9 de setembro | 12.30 e 17.30 horas

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.