FalaRedes: As Pombas do Carboeiro

FalaRedes: As Pombas do Carboeiro

O programa de dinamización lingüística FalaRedes continúa con actividades para os máis pequenos da casa que se desenvolverán en diferentes concellos galegos. FalaRedes pretende crear espazos de uso e de aprendizaxe en galego ligados ao lecer e á cultura. Búscase reforzar e promover o uso da lingua galega.

As pombas de Carboeiro

pombasdocarboeiroAs pombas de Carboeiro é un espectáculo teatral da compañía Fantoches Baj que ten dúas partes: na primeira, unha banda municipal non-profesional e con predominio de integrantes novos recibirá as partituras compostas por Benxamín Otero e prepararáas para despois ensaialas coa compañía teatral. A segunda parte, será a representación teatral con acompañamento musical.

En abril…

6 de abril | 19 horas | Vedra. Casa da Terceira Idade

28 de abril | 21 horas | Cambados. Auditorio da Xuventude

En maio…

4 de maio | 20 horas | Carballiño. Auditorio de Carballiño

5 de maio | 18.30 horas | O Rosal. Auditorio Municipal do Rosal

11 de maio | 20 horas | Negreira, Auditorio Sociocultural de Negreira

12 de maio | 18 horas | Melide, Praza do Convento (ou Pazo de Congresos en caso de chuvia)

Dirixido a: público infantil e familiar. Recomendado para maiores de 8 anos

Duración: 60 minutos aproximadamente

Consultar máis información na web de FalaRedes.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.