Entroido en la provincia de Ourense

Aínda que o Entroido o celebramos en toda Galicia, a provincia de Ourense é sen dúbida o lugar máis destacado nestas datas. Así que imos facer un percorrido polas distintas vilas e os desfiles e actividades que teñen programadas:

 

LAZA
Do 4 de febreiro a 10 de febreiro. É un dos Entroidos máis enxebres de Galicia.  A praza da Picota é o centro nestes días de entroido. Veredes os peliqueiros polas rúas e o Luns de Entroido ou Día da Borralleira pola mañá, ten lugar a Farrapada (batalla de trapos untados con barro) e a Xitanada (procesión de parellas montadas en burros) e, pola tarde, baixa desde Cimadevila a Morena, un home cuberto cunha manta e cunha cabeza de vaca que se dedica a levantar as saias das mulleres, axudado pola súa comitiva que lanza sobre a multitude na praza da Picota unha chuvia de formigas vivas, en ocasións mesturadas con vinagre e fariña… Aquí podedes ver o programa: laza.info.

 

VERÍN
Do 4 de febreiro a 10 de febreiro. Os cigarróns son os protagonistas en Verín e o día destacado é o Domingo Corredoiro.  O Luns de Entroido é a batalla de fariña, antigamente un xeito que tiñan os mozos de achegarse ás mozas e chamar a súa atención. O Martes, o gran desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarrónse polo centro da vila. Máis información na web www.carnavaldeverin.com.

 

XINZO DE LIMIA
Do 5 de febreiro a 10 de febreiro. É o Entroido máis longo de España e Festa de Interese Turístico Nacional. En Xinzo destacan as pantallaspersonaxes ancestrais percorren a vila golpeando dúas vexigas de animais, secas e inchadas como globos, impoñendo a súa lei. O día destacado é o Martes de Entroido, cando ten lugar o desfile de carrozas e comparsas. Máis info en Entroido-de-Xinzo-de-Limia

 

VIANA DO BOLO

Do 4 de febreiro a 10 de febreiro. O Domingo de Entroido celébrase a Festa da Androlla, un embutido típico da comarca de Viana, que se fai en tripa gorda, afumada como un chourizo, e reenchida de costela de porco tallada e adobada con carne, todo sazonado con sal, pemento doce e picante e un pouco de allo. A personaxe típica deste Entroido é o boteiro que, coa súa máscara de madeira de cor negra rematada por unha pantalla con armazón de arame recuberta de tiras de papel de seda de cores e os seus saltos, garda reminiscencias de culturas exóticas. O boteiro é o encargado de abrir paso aos folións e manter a orde da comparsa.

 

Escribe un comentario