Cultura Cativa en Allariz

Cultura Cativa en Allariz

O proxecto para apoiar a cultura e as ideas, Cultura Cativa, posto en marcha pola Fundación Vicente Risco xunto ao Centro Comercial Aberto de Allariz, programa para os próximos meses espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar.

Lume de Títeres Babaluva

lume_babaluvaA compañía Títeres Babaluva porá en escena a obra Lume, unha proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

Dirixida a:  Nen@s de 2 a 8 anos

6 de decembro | 18.30 horas

PRAZA DE ABASTOS DE ALLARIZ 

Contos do demo de Fantoches Baj

fantoches bajNas obras de Fantoches Baj é frecuente que se estableza un diálogo entre o teatro de marionetas e outras linguaxes escénicas como o bululú, o clown, os xigantes e cabezudos, a maxia e o teatro de rúa.

26 de xaneiro | 18.30 horas

FUNDACIÓN VICENTE RISCO en Allariz Como chegar

A nena e o grilo de Magín Blanco

magin blanco a nena e o griloMagín Blanco, unha das figuras máis senlleiras do pop galego, dá o salta ao público infantil co espectáculo A nena e o grilo. Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.

23 de febreiro | 18.30 horas

FUNDACIÓN VICENTE RISCO en Allariz Como chegar

Burro-máquina de Inacio Vilariño

inacio vilariñoBurromaquia é un espectáculo de narración oral onde se conta o paso da domesticación de animais salvaxes para utilizalos como forza de traballo ao invento da máquina de vapor e o tranvía.

23 de marzo | 18.30 horas

PRAZA DOS CARBÓNS 

A saia da Carolina de Fantoches Baj

A saia da carolinaA saia da Carolina é un entremés satírico de Fantoches Baj inspirado na tradición oral onde se xuntan contos con cantos, confesións, sermóns, locucións, recomendacións, proverbios, trabalinguas, adiviñas, ditos e reditos.

Dirixido a: Nen@s maiores de 12 anos

13 de abril | 20.30 horas

PRAZA MAIOR en Allariz 

Entrada gratuita

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.