Encontros dos Axóuxeres 2012

Encontros dos Axóuxeres 2012

axouxeres2012Os Axóuxeres volven un ano máis cargados de sorpresas: novos personaxes, novas cancións, novos xogos… para que os máis pequenos da casa gocen coa lingua galega. É un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere axudar aos pais e nais a manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles espazos de lecer para a familia e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego.

Os Encontros dos Axóuxeres son pezas teatrais pensadas para nen@s de 0 a 3 anos. Son sesións participativas con música e xogos que percorrerán as catro provincias galegas.

Dirixidos a: nen@s de 0 a 3 anos

Duración: 60 minutos

Inscrición: A entrada é gratuíta, pero é necesario reservar praza no teléfono 637 179 304. Este número estará aberto ás reservas de cada localidade unha semana antes da celebración de cada encontro.

As datas provisionais son as seguintes:s

27 de outubro| Centro Sociocultural das Fontiñas, Santiago de Compostela | 12 horas

27 de outubro | Museo do Moble e da Madeira, A Estrada | 18 horas

28 de outubro |  Centro Sociocultural da Ramallosa, Teo | 12 horas

28 de outubro | Pazo da Peregrina, Ames | 18.30 horas

3 de novembro |   Escola de Danza, Oleiros | 18.30 horas

3 de novembro | Sala de Usos Múltiples do Pavillón Municipal da Malata, Ferrol | 12 horas

4 de novembro | Auditorio do Centro Sociocultural Ágora, A Coruña | 12 horas                                                      

10 de novembro | Centro Sociocultural O Froxel, Arteixo | 12 horas

10 de novembro | Casa da Cultura de Brens, Cee | 18.30 horas

11 de novembro | Teatro Municipal Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras | 12 horas

17 de novembro | Sala de Conferencias do Auditorio, Vilagarcía de Arousa | 12 horas

17 de novembro | Centro Social de Cabo de Cruz, Boiro | 18.30 horas

18 de novembro | Centro Social de Cabo de Cruz, Ribeira | 12 horas

18 de novembro | Polideportivo de Venecia, A Pobra do Caramiñal | 18.30 horas

24 de novembro | Auditorio do Centro Multiúsos Ángel Bedriñana, Baiona | 12 horas

24 de novembro | Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, Cangas | 18.30 horas

25 de novembro | Multiúsos da Praza de Abastos, Marín | 12 horas

1 de decembro | Auditorio Reveriano Soutullo, Ponteareas | 12 horas

1 de decembro | Edificio Área Panorámica, Tui | 18.30 horas

2 de decembro | Casa dos Veciños de Couto, Ponteceso | 12 horas 

Na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística podedes consultar o CALENDARIO.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.