Actividades no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa celebra este sábado 11 de marzo o seu terceiro aniversario e faino cun programa de actividades pensado para toda a familia. 

Ademais de visitas guiadas nas que poderedes coñecer o emblemático castro de San Cibrao de Las e a exposición do centro de interpretación, haberá exhibicións nas que os monitores darán a coñecer a importancia dos cereais e o seu procesado na Idade do Ferro, así como a orixe do lume e as diferentes técnicas que se empregaron para a súa produción ao longo da Prehistoria. Os nenos e as nenas poderán participar en dúas actividades pensadas para eles – entre 5 e 14 anos-.

VISITAS GUIADAS
  • 11.30-12 horas | Unha viaxe pola Idade de Ferro (na exposición)
  • 12-13 horas | Visita guiada polo castro
  • 16.30-17 horas | Unha viaxe pola Idade de Ferro (na exposición)
  • 17-18 horas | Visita guiada polo castro
ACTIVIDADES INFANTÍS
  • 11-12 horas |  Pequen@s arqueólog@s
  • 16-17 horas | O clan do xefe Reburrinus 
EXHIBICIÓNS
  • 13-13.30 horas | Muíños e pan fan o xantar
  • 18-18.30 horas | O lume na Prehistoria

_____________________________________

  • 11 de marzo | de 11 a 19 horas
  • Entrada: 3€ e gratuita para os menores de 14 anos
  • As actividades son de balde e teñen aforo limitado, polo que recomendan reservar no teléfono 988 267 285 ou no mail reservas@pacc.es
  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Lás (Ourense) Como chegar

Escribe un comentario