Actividades para nenos en Allariz

Actividades no MIAS de Allariz

cartel-mias-9-setembroO MIAS, o Museo Iconográfico de Arte Sacra de Allariz organiza actividades lúdicas para que os nen@s se achegen “sen medo” a coñecer o museo. O día 9 de setembro impartirase o programa de xogos e actividades Descobre os segredos dun museo co obxectivo de dar a coñecer o centro museístico e os seus fondos. Os máis pequen@s poderán coñecer o museo de arte sacra e participar nos xogos e actividades gratuitas. Entre elas haberá obradoiros sobre a arte e as técnicas artísticas.

Os talleres infantís coinciden coa Feira de Artesanía Arte de Man onde haberá  postos de exhibición e venda de diversos artículos de artesáns locais e artesáns invitados que exporán os seus traballos de coiro, cerámica, esmalte, téxtil, cestería, etc.

Dirixido a: nen@s de 6 a 12 anos

MIAS en Allariz Como chegar 

9 de setembro | de 12 a 13.30 horas

É necesario inscrición previa, antes do 5 de setembro, na Casa da Cultura de Allariz e no teléfono 988 440 859.

Escribe un comentario