Actividades de verán na Biblioteca de Ourense

Actividades de verán na Biblioteca de Ourense

Este verán a Biblioteca Nodal de Ourense prepara obradoiros para os nenos maiores de 10 anos e contacontos para nenos maiores de catro anos. Poderán pasar unhas mañás de verán divertidas compartindo historias na biblioteca ourensá.

Obradoiros

obradoiro rap ourenseOs nenos poderán participar no obradoiro de poesía e rap con Antón Piñeiro os días 2, 9 e 16 de xullo e no obradoiro de creación sonora con Titirificios os martes 23, 30 de xullo e 6, 13, 20 e 27 de agosto.

Dirixidos a: nenos maiores de 10 anos

Martes en xullo e agosto  | de 11.30 a 13.30 horas

Inscrición: é preciso inscribirse previamente na Biblioteca, a partir do luns 17 de xuño

Contacontos

Os xoves os máis pequenos poderán disfrutar de novas sesións de contacontos.

4 de xullo | 11.30 horas | Contacontos animaliños con Eduvia 

11 de xullo | 11.30 horas | Un reino complicado con Fátima Fernández

18 de xullo | 11.30 horas | Contos de aki e akola con Marisa Irimia

1 de agosto | 11.30 horas | A cara dos contos con Chus Otero García

8 de agosto | 11.30 horas | Contos para rapaces con Sarabela Teatro

22 de agosto | 11.30 horas | Contacontos con Sarabela Teatro

29 de agosto | 11.30 horas | Principas e princesos con Pablisimo

Dirixido a: nenos maiores de 4 anos

Non é preciso inscribirse previamente

BIBLIOTECA NODAL DE OURENSE Cómo chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 210 700

 

 

Escribe un comentario