Xuvenlugo 2012-2013

Xuvenlugo 2012-2013

xuvenlugo2012Xuvenlugo reúne no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo unha ampla oferta lúdica dirixida aos nen@s este Nadal durante as fins de semana. Hai un espazo infantil pensado para nen@s de 0 a 3 anos con contacontos, cancións, xogos, inchables… Os nen@s maiores de 4 anos contan cun espazo de animación con talleres, manualidades, música, minigolf e videoxogos. Ademais o recinto dispón de atraccións de feira e unha área deportiva e lúdica con pista de karts, de slot e unha pista de xeo.

En Xuvenlugo os pequenos recibirán tamén a visita do Apalpador, de Papa Noel e dos Reis Magos.

Horario: do 14 al 16 de decembro | do 21 ao 7 de xaneiro | do 11 ao 13 de xaneiro | de 16.30 a 20.30 horas | os días 24 e 31 de decembro permanecerá pechado

Prezo: 5€ | 1,5€ pista de minigolf | 5€ pista karting (7€ adultos) | 2€ pista de slot | 7,5€ pista de xeo-1 hora

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo Como chegar

Para máis información podedes consultar o PROGRAMA COMPLETO.

Escribe un comentario