Teatro infantil en Lugo

 

Contos do vento acatarrado

contos do vento acatarradoOs Monicreques de Kukas cóntanos a historia dun día que o vento estaba triste e acatarrado. O señor Don e a señora Dona dispoñíanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba…cando sentiron un xemido escachado…era o vento que se laiaba de dolor. Entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.
Así faloulles de como un día Flash a bombilla que vivía no Polo Norte veu parar a Galicia. Ou de cómo o Espantallo regalou ata o seu corazón para axudar os animais do campo. Tamén contoulles a incrible historia da Bala de Luisiño que era unha bala moi ilustrada que ata sabía latín e non gustaba da guerra. E por último, aínda lle deu tempo a contarlles como nun país chamado Galicia vivían unhas árbores moi ledas chamadas Carballos. Un espectáculo que mestura actores e marionetas para, dunha maneira sinxela e divertida, achegar aos nenos a temas como o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e o valor da amizade.

Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos

18 de maio | 18.30 horas

Prezo: 2€

AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE en Lugo Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.