Teatro, maxia e obradoiros en Lugo

Teatro, maxia e obradoiros en Lugo

Unha historia con pau de Hipócrita Teatro

historia con pauUnha historia con pau retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha frauta …  mesmo unha buxaina, por que non? Unha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.

Dirixido a: Todos os públicos

18 de novembro | 18 horas

Prezo: 3€

Entradas: Pódense adquirir no auditorio unha hora antes da función. 

Maxia Branca de Barafunda

maxia brancaMaxia branca (maxia clown) de Barafunda (Vigo). O mago Xabi, o pallaso Lolo e Blanca Houdini, a coelliña branca, sorprenderánnos a todos. Unha posta en escena onde a ilusión da maxia se mestura nun cóctel de risas e gargalladas.

Dirixido a: nen@s a partir de 6 anos

25 de novembro | 18.30 horas

Prezo: 3€

Entradas: Pódense adquirir no auditorio unha hora antes da función.

O ladrón de paxaros de Asacocirco

Ladron de paxarosUn espectáculo innovador e moi visual de malabares de luz cunha amplia gama de colores e obxectos fosforitos, números de malabarismos de luz, mesturado cun conto, a historia que lle pasou a Martín un día de primavera….

Dirixido a: Nen@s a partir de 3 anos

2 de decembro |18.30 horas

Prezo: 3€

Entradas: Pódense adquirir no auditorio unha hora antes da función.

Xa me tardan estes magos de Mama Cabra

mamacabraMamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore galego e temas propios para crear un espectáculo didáctico, lúdico e participativo. Xa me tardan estes Magos é un disco que xorde coa intención de renovar as tradicionais panxoliñas.

Dirixido a: Nen@s de 0 a 10 anos

16 de decembro | 18.30 horas

Prezo: 3€

Entradas: Pódense adquirir no auditorio unha hora antes da función.

Obradoiros de teatro infantil

Todos os días nos que hai un evento destinado ao público infantil, celebrarase un obradoiro de teatro infantil. A temática será adaptada ao tema do evento (a música, maxia, teatro, etc). A duración desta actividade será de unha hora, antes do comenzo da obra, no propio auditorio.

AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE en Lugo Como chegar

Escribe un comentario