Talleres de verano en Lugo

Refréscate nos museos!

Nos museos da Rede Museística de Lugo este verán os nenos poderán participar en diferentes actividades. Estes son os talleres nos que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles no Museo Provincial de Lugo:

 

  • OBRADOIRO: Camisetas pintadas. Pintaremos camisetas inspirándonos nas coleccións do Museo.
    • Dirixido a: nenos de 12 a 16 anos
    • 27, 28 e 29 de xullo | de 11.30 a 13 horas
    • Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
  •  OBRADOIRO: Coñecendo Galiza. Coñecemos París, a imaxe da torre Eiffel, o Big-Ben, a Sagrada Familia… mais coñecemos a catedral de Mondoñedo?  Neste obradoiro aprenderemos a valorar o noso facendo un percorrido por moi diferentes comarcas da Galiza, polas súas paisaxes, tradicións, festexos e demais.
    • Dirixido a: rapaces de 8 a 16 anos
    • 7 de xullo | de 11 a 13 horas
    • Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
  • OBRADOIRO: As vangardas e non só. Un percorrido pola primeira metade do século XX a través da literatura insurxente das vangardas, principalmente en Europa, mais que tamén tiveron a súa repercusión en Galiza con autores como Amado Carballo, Cunqueiro, Manuel Antonio.
    • Dirixido a: nenos de 4 a 16 anos
    • 16 de xullo | de 11 a 13 horas
    • Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
  • OBRADOIRO: Volumes, figuras, formas. Achegámonos e investigamos sobre esta forma de expresión artística, para coñecer os materiais, as épocas e os temas representados en tres dimensións.
    • Dirixido a: nenos de 8 a 12 anos
    • 10 e 11 de agosto | de 11 a 13 horas
    • Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

 

  • OBRADOIRO: Mosaicos. Iniciación á técnica do mosaico, en concreto ao mosaico romano.
    • Dirixido a: rapaces de 12 a 16 anos
    • 6, 7 e 8 de setembro | de 11.30 a 13 horas
    • Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
  • OBRADOIRO: Micromachismos. A misoxinia cotiá. A invisibilidade histórica de moitas protagonistas femininas. A necesidade de crearmos para romper o sistema androcéntrico. E se xogamos a refacer os contos tradicionais de Carrapuchiña, Branca de Neve… Historias similares, finais ben diferentes
    • Dirixido a: nenos a partir de 9 anos
    • 21 de setembro | de 18 a 20 horas
    • Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo.

 

 *Para máis información podedes chamar aos teléfonos 982 24 23 00 / 982 24 21 12 ou escribir ao mail didactica@museolugo.org

 

 

 

 

Escribe un comentario