Talleres de ilustración en Lugo

Este verán continúa as actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal de Lugo centradas nunha parte fundamental dos contos e os libros infantís: a ilustración.

Conto con gravado

Tras a lectura dramatizada dun conto, a gravadora Isabel Somoza traballará cos nenos e nenas para realizar a ilustración deste, para o que lles explicará as técnicas de punta seca e o monotipo.

Dirixido a: nenos a partir de 4 anos

3 de xullo | de 11 a 13 horas 

Obradoiro de banda deseñada

O deseñador gráfico Alberto Guitián traballará cos alumnos as expresións, anatomía e carácter dos personaxes, para entre todos crear o protagonista dunha historia e a partir de aí realizar unha pequena tira.

Dirixido a: nenos a partir de 5 anos

10 de xullo | de 11 a 12.30 horas

Obradoiro con despregables

Obradoiro impartido pola deseñadora María José Mata para coñecer a técnica de ilustración dos pop-up ou libros tridimensionais.

Dirixido a: nenos a partir de 5 anos

17 de xullo | de 11 a 13 horas

Instantáneas de plastilina

María Noel Toledo iniciará aos nenos e nenas no modelado de personaxes e na creación dunha pequena escenografía que se materializará na ilustración dun conto a través da fotografía.

Dirixido a: nenos a partir de 5 anos

24 de xullo | de 11 a 13 horas

Obradoiro de marcapáxinas

Taller no que os nenos poderán crear o seu propio marcapáxinas. Se o tempo o permite, esta actividade celebrarase no exterior da Biblioteca Municipal.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

31 de xullo | 11 horas

Inscrición: a inscrición debe realizarse na biblioteca a partir do luns da semana na que se celebre a actividade, en horario de 9 a 14.30 horas.

Museo Interactivo de Historia de Lugo Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.