Semana do Libro Infantil en Lugo

Semana do Libro Infantil e Xuvenil en Lugo 2013

A Semana do Libro e da Lectura Infantil e Xuvenil de Lugo celebra a súa cuarta edición e convértese de novo nun lugar de encontro para que pequenos e maiores compartan experiencias en torno á maquinaria da literatura e ás súas engrenaxes: os libros.

semana do libro lugo 2013

26 de maio | 12.30 horas | Peter Punk

Unha personaxe imaxinaria sempre sorprende cun humor gamberro nun espectáculo de carácter cómico. Peter Punk, como un neno que se nega a medrar, xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares.

27 de maio | 18.30 horas | Contos nas orellas de Migallas Teatro

Bea Campos mestura contos tradicionais e de autor con xogos tradicionais e cancións. Divertidas historias que axudan a espertar a imaxinación dos máis pequenos.

28 de maio | 18.30 horas | Contando aos sete ventos

Manolo Panforreiteiro contará historias de mares, soños e ventos. O mar e diferente en cada praia. Así tamén estas historias van mudando. En cada porto deixan algo novo que rescata o anterior.

29 de maio | 18.30 horas | Circanelo: espectáculo de circo

Fredi&Cia achegarános ao clown e ao teatro xestual, a danza e a acrobacia. É unha viaxe por un mundo de emocións, xogos e improvisación onde o público acompaña a este paiaso que non dubida en exporse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos e nenas.

30 de maio | 18.30 horas | Lume de Teatro Babaluva

Unha obra de teatro de temática medioambiental, os animais colaboran para apagar un incendio no bosque. A compañía Babaluva sorprende cunha fantástica representación, onde os títeres e elementos escenográficos están realizados con obxectos cotiás, recoñecibles e sen case transformación.

31 de maio | 18.30 horas | Rodar e Rodari de Fantoches BAJ

Rodar i Rodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que empregamos o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación de un animal como o burro, chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías.

1 de xuño | 12.30 horas | Contos de lobos de Teatro dos Ghazafellos

Un conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose… Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos…ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fanacrobacias …ala!! E os contos? —Que nos axude o público …

Entrada gratuita

Museo Provincial de Lugo Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.