Semana da Danza en Lugo

Semana da Danza en Lugo

Dende o 24 e ata o 30 de abril en Lugo celebran a Semana da Danza. Comezará o día 24 cunha actuación dos alumnos do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e o contacontos Isadora Duncan. A Bailarina do Mar co grupo de teatro Os Palimoquiños, no Centro Comercial As Termas, ás 19 horas.

Semana-da-Danza-de-Lugo-2013

Os nenos de 8 a 12 anos poderán participar nas tradicionais clases abertas de grao elemental do Conservatorio de Danza, ás 20 horas, no Auditorio Gustavo Freire. Nelas participarán 95 alumnos que amosarán o traballo que fan diariamente nas clases do Conservatorio. O día 26 terá lugar o Encontro de centros de danza de Galicia, no que participan trece centros de ensinanzas de danza clásica e contemporánea de toda a comunidade.

Danza na rúa

Obradoiro de danza e de percusión que percorrerá as distintas prazas da cidade, acompañados pola Escola municipal de Música de Lugo. Para esta actividade está previsto reunir a 150 persoas bailando todas xuntas unha mesma coreografía polas rúas da cidade. Ese mesmo día o grupo de danza contemporánea do Conservatorio de Lugo interpretará Cinematic Counterpoint xunto co grupo In Black Cage Ensemble, ás 20.30 horas, no Auditorio Gustavo Freire.

27 de abril | 12 horas | Praza Maior

Fusión en danza

Neste acto participarán seis centros de ensinanzas de danza de Lugo que se adican a outros estilos de danza distintos da clásica e da contemporánea. No espectáculo intervirán 80 persoas que ofrecerán danza moderna, danza do ventre, flamenco ou baile deportivo, entre outros.

28 de abril | 19 horas | Auditorio Gustavo Freire

Concurso Coreográfico e espectáculo

A programación continuará o luns, día 29, co Concurso Coreográfico, no que presentarán distintas pezas coreográficas adicadas a Isadora Duncan alumnos de distintos centros de Danza de Galicia. Este acto celebrarase no Auditorio Gustavo Freire, ás 19.00 horas. e as actividades da Semana da Danza rematarán o martes, 30 de abril, coa estrea do espectáculo Isadora, pés no mar and Johannes, ollos no ceo, que foi creado polo alumnado de grao elemental do Conservatorio de Danza de Lugo. Esta peza poderase disfrutar ás 20.30 horas, no Auditorio Gustavo Freire.

AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE en Lugo Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.