San Xoán en Galicia 2017

É a noite máis máxica do ano, que non a máis curta, unha noite que celebramos en cada recuncho de Galicia. Non haberá barrio, nin parroquia galega sen fogueiras e sardiñada, así que toca saír a saltar a fogueira, espantar a mala sorte e degustar unhas ricas sardiñas con pan!! Que ninguén se quede na casa!!!! Aquí fago un rápido percorrido por algunhas das propostas máis destacadas para celebrar o San Xoán en Galicia:

Foto vía: Cultura Coruña
A CORUÑA
  • A CORUÑA. Os obradoiros, a música e os espectáculos enchen as rúas da Coruña estes días coa programación A Ruada das Xoubas. A noite do venres haberá música e foguerias na praia de Riazor e o sábado durante todo o día na Praza de María Pita haberá xogos, contos, música e teatro para gozar en familia. Aquí vos conto todo o programa!
  • SANTIAGO. En Santiago o venres a partir das 17h celébrase o Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos. De 17 a 18.30h poderedes participar no obradoiro e roteiro guiado para recoller herbas de San Xoán -con previa reserva-. Ás 19 obradoiro para a elaboración de ramiños de San Xoán e ás 20.30h obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego. áS 22.30h comezará o concerto de música tradicional: Habelas Hainas. Podedes consultar as actividades prevista nos distintos barrios da cidade aquí.
  • CARBALLO. En Carballo celebran o San Xoán cun amplo programa de actividades. O sábado ás 19h na Praza do Concello estará o Show de Willy Pomper, un espectáculo de pompas de xabrón xigantes; o luns 26 de xuño será o Festival Infantil con Çè Orquestra Pantasma, Títeres Cachirulo e o Mago Romanís e o vindeiro domingo 2 de xullo a Festa do Bosque con música e xogos populares no Bosque do Añón. Aquí podedes consultar o programa.
  • FERROL. No barrio ferrolán de Filgueira o xoves comezan as festas de San Xoán con sardiñada e música. Tamén na parroquia de Esmelle celebran o San Xoán con música e o domingo con festa infantil a partir das 20h.
  • AS PONTES. Nas Pontes celébrase por primeira vez a Noite Meiga e a partir das 19h haberá música con Uxía Lambona e a banda molona. Haberá sardiñada popular e moita música na zona da Canle IV.
LUGO
  • LUGO. As fogueiras tamén arderán nos distintos barrios da cidade de Lugo. No barrio da Piringalla celébrase tamén a Festa do Becerro ao Espeto e haberá degustación gratuita, música e fogueira de San Xoán
  • SARRIA. O venres será en Sarria a xornada dedicada á Noite do Lume como é habitual e ata o domingo haberá música e animación nas rúas da vila.
OURENSE
  • OURENSE. En Ourense la Asociación Cultural A Galleira celebra la tradicional fiesta popular de San Xoán con música y sardiñada, en la Plaza de San Cosme en Ourense.
  • RIBADAVIA. En Ribadavia a partir das 20 horas celebran o solsticio de verán con poesía e maxia, ademais das tradicionais fogueiras na Praza Maior.
PONTEVEDRA
  • PONTEVEDRA. Nos diferentes barrios arderán as fogueiras de San Xoán con sardiñada e música e para os máis pequenos o Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra organiza una nova edición da Festa fin de Cole que coincide o día 23 de xuño dende as 16.30 ás 20.30h na praza de Méndez Núñez, praza de Curros Enríquez, Sierra e Valentín García Escudero. Ás 19h na praza da Pedreira será a tradicional Festa da Espuma.
  • VIGO. En Vigo haberá 24 fogueiras repartidas polos distintos barrios e parroquias da cidade.
    • A Noite Meiga do Berbés, no casco antigo, con música e sardiñada
    • En Navia a partir das 19.30h haberá obradoiros, contacontos e teatro e sardiñada
    • Na Praza de Santa Rita haberá a partir das 19h xogos populares e a tradicional sardiñada
    • En Beade desde as 17.30h haberá xogos para os nenos e nenas e despois música e sardiñada
  • BAIONA. A sardiñada e a música en directo poderedes gozala tamén na praia de Ribeira en Baiona, a partir das 20 horas.

 

 

Escribe un comentario