Como cada mes de outubro a cidade de Lugo celebra as festas de San Froilán. Para os máis pequenos está deseñado o programa San Froilán Miúdo. Concertos, teatro, títeres, obradoiros, baile, maxia… no Patio do Seminario en Lugo. Aquí vos conto as diferentes propostas para o público infantil, pero podedes consultar o programa completo de San Froilán na web: www.sanfroilan.info
4 de outubro | Día do canto e da escoita
- de 17 a 19 horas | Patio do Seminario | Karaoke infantil coa Duendeneta. Este karaoke contará cunha pantalla xigante, un micrófono estilo retro e un pequeno escenario no que as nenas e nenos poderán elixir entre un amplísimo arquivo de cancións
- 19 horas | Patio do Seminario | Concerto didáctico Aprendendo a escoitar. Unha viaxe musical para ir tomando conciencia da estrutura dunha obra na que cinco músicos interpretarán varias pezas de música clásica, guiados por un narrador
5 de outubro | Día da música e dos pallasos
- de 11 a 13 horas | Patio do Seminario | Obradoiro de instrumentos musicais. Crearán pequenos instrumentos musicais con materiais de refugallo
- 13 horas | Patio do Seminario | Concerto: Unha viaxe polo mundo de As Maimiñas. Neste espectáculo cóntase a viaxe de Mai e Miña por distintos países
- de 17 a 19 horas | Patio do Seminario | Karaoke infantil coa Duendeneta
- 19 horas | Patio do Seminario | Actuación Popín Palomero do pallaso Popín. Este artista non deixa de facer tolerías intercaladas con trucos de maxia cos que fai aparecer ata … catro pombas
6 de outubro | Día da natureza e da maxia
- de 17 a 20 horas | Dende o recinto histórico ao Patio do Seminario | A Música das Árbores co Bardo Abelardo e o Carballo con Botas. O músico Servando Barreiro e o contacontos Anxo Moure percorren as rúas e prazas cantando e contando contos acompañados dun burro de madeira de bidueiro
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | Ludoteca itinerante Eira Xandobeleira. Con materiais naturais e de refugallo componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | O Baúl do Mago. Trátase dunha caravana convertida nun auténtico teatro itinerante en busca de aventuras onde a maxia non só se ve, senón que se sente e se vive
7 de outubro | Día dos bebés e da maxia
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | Mundobebé de Koremi. Un espazo de propostas para a imaxinación dos máis pequenos e as súas familias: o cubo da creatividade, xogos de habilidade de madeira, peixeiras para pescar, tendas de campaña, puzzles con pezas de gran tamaño, peluches, túneles, un memorama xigante e grandes lonas de xogos…
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | O Baúl do Mago
8 de outubro | Día da reciclaxe e dos monicreques
- de 11 a 13 horas | Patio do Seminario | Garabato de xogos. Parque de xogos de habilidade feitos con materiais reutilizados. É un conxunto de xoguetes que foron feitos con ferranchos vellos, cunhas tuberías inservibles, uns madeiros e algunhas cordas, todo material reciclado
- 13 horas | Patio do Seminario | Barriga Verde, o Reciclador de Títeres Cascanueces. Este espectáculo está protagonizado por Barriga Verde, un home que vai polas feiras contando contos e facendo monicreques.
- de 17 a 19 horas |Patio do Seminario | Garabato de xogos
- 13 horas | Patio do Seminario | Xan Perillán, compra queixo, compra pan de Monicreques de Kukas. É un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía
9 de outubro | Día da música e o baile tradicional
- de 11 a 13 horas | Patio do Seminario | Ei Carballeira!! Xogos populares e obradoiro de cestos
- 13 horas | Patio do Seminario | Concerto: Uxía Lambona e a banda molona. Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, dende a Carolina rapeada ata o Jato rockeiro…
- de 17 a 19 horas | Patio do Seminario | Taller de baile tradicional Xogando a bailar
- 19 horas | Patio do Seminario | Verbena galega de Xabier Iglesias, escola de bailes tradicionais de Espazo Artístico 10 e Airiños da Freba
10 de outubro | Día da ciencia e do cinema
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | Experimentos científicos: QuimiLab, Polímeros Un moco viscoso para Yago. Este é un achegamento ao apaixonante mundo dos polímeros para xogar
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | Cinema na Caixiña de Mistos. Unha caravana antiga reconvertida nunha pequena sala de cine móbil na que se fan proxeccións de curtametraxes de temática infantil. A maiores inclúe un obradoiro de creación cinematográfica para meniños
11 de outubro | Día do baile artístico
- de 17 a 19 horas | Patio do Seminario | Taller de baile de Ritmo Lugo
- 19 horas | Patio do Seminario | Exhibición de Ritmolugo cos campións do mundo de baile artístico e merengue e 3º de Rock and Roll, Jandro Pallares e Magali Piedra
12 de outubro | Día do jazz e da primeira infancia
- de 11 a 13 horas | Patio do Seminario | Obradoiro de percusión con refugallo de Gallaecia Eventos
- 13 horas | Patio do Seminario | Concerto didáctico de jazz Gallaecia Gallaeciños. É un proxecto músico-teatral e educativo no que se pretende ensinar en sesenta minutos, dun xeito divertido e entretido, a historia do jazz
- de 17 a 20 horas | Patio do Seminario | O Paxaro Carpinteiro. Espazo de experimentación e xogo libre (0-4 anos). O paxaro carpinteiro está integrado por un espazo de xogo con materiais naturais que conta con varias áreas de xogo: estruturas de psicomotricidade, xogo sensorial, construción, areal de cereais e espazo de relax e calma…
- 19 horas | Patio do Seminario | O son que me arrola. Para nenas/os menores de 5 anos. Asoc. Socioeducativa Antonio Gandoy. Nesta proposta ofrécese a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas… e outros construídos a partir de materiais de refugallo.
[…] E se ides polo San Froilán, velaí tedes un resumo do San Froilán Miúdo da mán de lamariola https://lamariola.es/gl/ocio-en-lugo-gl/san-froilan-miudo-en-lugo-2016/ […]