Pesdelán en Ribadeo

Pesdelán en Ribadeo e na Coruña

Na punta do pé, PesdelánPesdelán é un proxecto de música para bailar que buscar recuperar a participación do público nos seus concertos. Así que xa sabedes que se ides a un concerto de Pesdelán ides a bailar porque este grupo ensínanos cada danza ao tempo que nos fan disfrutar coa súa música. As danzas son moi sinxelas e van dirixidas a todos os públicos.  O grupo xorde da unión de varios profesionais da música, danza e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. No seu traballo Na punta do pé, Pesdelán amosa diferentes temas da xeografía galega e tamén de Portugal.

14 de agosto | 20 horas | Rúa de San Francisco en Ribadeo

15 de agosto | 17 horas | Xardíns de Méndez Núñez na Coruña

Entrada de balde

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.