Patas de Peixe en Ribadeo

Patas de Peixe en Ribadeo

a toupiña outonoRibadeo unha vila para a conciliación é o programa que se desenvolverán os venres e os sábados do mes de novembro neste concello da Mariña. Trátase de fomentar e animar á lectura aos máis pequenos cun programa onde se traballará con contos dunha forma dinámica e divertida coa editora Patas de Peixe.

A Contar e a Cantar con Patas de Peixe

Para nen@s de 3 a 6 anos

A toupiña na primavera, no verán, no outono e no inverno será a protagonista deste espazo para que os nen@s se acheguen á literatura e aos libros.

Venres 2, 9, 16 e 23 de novembro | de 17.30 a 18 horas

Para nen@s maiores de 6 anos

Tardes de animación á lectura cos contos A vaca que puxo un ovo, Na busca dun fogar, O incrible neno devorador de libros e Coidado, extraterrestres.

Sábados 3, 10, 17 e 24 de novembro | 17.30 a 18.30 horas

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIBADEO Como chegar

As actividades son gratuitas.

Escribe un comentario