Os Bolechas no verán

Os Bolechas están de xira este verán co seu espectáculo A máquina do tempo. Unha mestura teatro e concurso que comeza co descubrimento dun estraño aparello que resulta ser… unha máquina do tempo! Alguén terá que estreala pero todos teñen medo así que rífano e tócalle a Carlos e a Pili probar a estrambótica máquina. Os dous métense nela e os outros irmáns comezan a premer botóns para mandalos ao futuro: van saír feitos uns mozos! E así é. A máquina do tempo funciona!

Os Bolechas van a precisar de todo o público para regresar ao presente!

Próximas datas:

  • 24 de xullo | 20 horas | Rodeiro • Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares
  • 25 de xullo | 12 horas | Guitiriz • Casa Habanera
  • 25 de xullo| 20 horas | Betanzos • Aula de Cultura Xulio Cuns (edificio Liceo)
  • 26 de xullo | 12 horas | Neda • Casa da Cultura
  • 26 de xullo | 20 horas | Pontedeume • Casa da Cultura
  • 31 de xullo | 20.30 horas | Vilagarcía de Arousa • Salón García
¡Compártelo!
Artículo anteriorFestival SinSal 2015
Artículo siguienteAnimatron en Pontevedra

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.