Os Bolechas de xira no Nadal

Os Bolechas de xira no Nadal

brincabolechas circo de nadalOs Bolechas percorrerán Galicia co Circo de Nadal BrincaBolechas con acróbatas, clowns, cantantes e unha chea de sorpresas. O Circo de Nadal é un musical infantil no que terá un especial protagonismo a banda sonora dos Bolechas, tanto os temas xa coñecidos coma novas cancións. Ademais do Circo de Nadal, BrincaBolechas inclúe todo o universo Bolechas coa instalación de varios stands con diverso material así como un orixinal photocall virtual, no que todo aquel que o desexe poderá facerse un retrato cos Bolechas.

26 de decembro | Auditorio Gustavo Freire de Lugo | 18.30 horas

27 de decembro | Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo | 18.30 horas

28 de decembro | Centro Cultural Novacaixagalicia en Santiago | 18.30 horas

29 de decembro | Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra | 18.30 horas

2 de xaneiro | Auditorio Municipal de Ourense | 18.30 horas

3 de xaneiro | Auditorio Municipal de Lalín | 18.30 horas

4 de xaneiro | Teatro Jofre de Ferrol | 18.30 horas

7 de xaneiro | Auditorio Municipal de Vilagarcía | 18.30 horas

Entradas: 5€ para nen@s e 7€ para adultos. Están á venda en Servinova ou no teléfono 902 504 500.

Os edificios Novacaixagalicia de Lugo, Vigo, Santiago, Pontevedra e Ourense agasallan ademais aos 10 primeiros en pasar polas instalacións cunha invitación ao espectáculo, equivalente a 2 entradas de balde. Tedes que recoller a invitación a partir do mércores 19 de decembro nos respectivos centros da Obra Social. Tan só os 10 primeiros levarán o premio. Podedes consultar máis información na súa web.

Escribe un comentario