Os Axóuxeres 2015

Volven Os Axóuxeres! A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha nova edición do seu programa de dinamización lingüística para familias con bebés e nenos de 0 a 6 anos. Unha iniciativa para promocionar a transmisión interxeracional da lingua galega que, por medio da música, do xogo e das palabras. Dan man da compañía de teatro Elefante Elegante, a xira dos Axóuxeres 2015 percorrerá 26 localidades galegas.

Un encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo… cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego.

  • Dirixido a: familias con bebés e nenos de 0 a 6 anos
  • Duración: 40 minutos
  • A entrada para os Encontros dos Axóuxeres é de balde con reserva previa ata completar a capacidade. Poderes inscribirvos previamente, de luns a venres e en horario de 10 a 13 horas, no número de teléfono 697 363 089. As inscricións abriranse o luns anterior á celebración de cada unha das funcións.
  • Datas e lugares:
    • 12 de setembro | 18 horas | Centro Cívico Cultural de Arteixo
    • 13 de setembro | 12.30 horas | Centro Ágora de A Coruña
    • 18 de setembro | 18 horas | Auditorio Municipal de Ourense
    • 19 de setembro | 12 horas | Casa da Cultura de Boiro
    • 25 de setembro | 18 horas | Casa da Cultura de Milladoiro – Ames
    • 26 de setembro | 12 horas | Museo Modesto Paz Camps de Vedra
    • 26 de setembro | 19 horas | Centro Sociocultural das Fontiñas en Santiago
    • 27 de setembro | 12 horas | Auditorio da Ramallosa en Teo
    • 3 de outubro | 12 horas | CCRD de Perlío en Fene
    • 3 de outubro | 18 horas | Edificio do antigo hospicio en Ferrol
    • 4 de outubro | 18.30 horas | A Fábrica en Oleiros
    • 10 de outubro | 12 horas | Centro Sociocultural Daniel Castelao de Moaña
    • 10 de outubro | 18 horas | Auditorio Municipal de Cangas
    • 11 de outubro | 12 horas | Sala Bahía de Foz
    • 11 de outubro | 18 horas | Teatro Pastor Díaz de Viveiro
    • 12 de outubro | 12.30 horas | Casa da Cultura de Xinzo de Limia
    • 18 de outubro | 12 horas | Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo
    • 25 de outubro | 12 horas | Multiusos da Xunqueira en Redondela
    • 25 de outubro | 18.30 horas | Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira
    • 30 de outubro | 18 horas | Auditorio de Vilagarcía de Arousa
    • 1 de novembro | 18 horas | Biblioteca Municipal de A Laracha
    • 2 de novembro | 18.30 horas | Casa da Cultural Antón Avilés de Taramancos en Noia
    • 6 de novembro | 17 horas | Auditorio Municipal do Carballiño
    • 7 de novembro | 17 e 18.30 horas | Teatro Principal da Estrada
    • 8 de novembro | 12 horas | Centro Recreativo Cultural do Porriño
    • 8 de novembro | 18.30 horas | Pazo de Liñares en Lalín

Escribe un comentario