Obradoiros nos barrios en Lugo

Obradoiros LVCVS CVLTURAL en Lugo 

Os máis pequenos...

As asociacións Corazóns Artesáns, Terra Copora, Trebas Galaicas, Tir Na N´Og e  Cohors I Lucensium Praetoria e Senatus Lucus Augusti, impartirán este mes de maio obradoiros nos diferentes barrios de Lugo. Pouco a pouco a cidade vaise transformando para celebrar un ano máis o Arde Lucus.  Obradoiros de cestería, de fiado e tinguido, de tecido nun tear celta, así como xogos e actividades para os nenos enchen a programación de Lvcvs Cvltural este mes de maio.

Obradoiro de cestería

4 de maio | de 17 a 20 horas | Praza de Augas Férreas

Obradoiro de fiado e tinguido

11 de maio | de 17 a 20 horas | Praza do Castiñeiro

Obradoiro de tear celta e xogos

18 de maio | de 17 a 20 horas | Praza da Milagrosa

Técnicas de tecido e obradoiros infantís

25 de maio | de 17 a 20 horas | Praza da Soedade

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.