Obradoiros no clube PequeAmigos de Lugo

Obradoiros no clube PequeAmigos de Lugo

pequeamigos obradoirosA Rede Museística de Lugo amplía a súa oferta con novos obradoiros do Clube PequeAmigos. Os museos integrados nesta Rede ofrecen talleres para nenos sobre novas tecnoloxías e creatividade.

Obradoiro: Enrédate nas novas tecnoloxías

Neste obradoiro os nenos coñecerán os riscos no uso das TIC, Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Ao tempo, coñecerán a rede virtual dos catro museos integrados na Rede Museística Provincial. Xogar, enredar e aprender a usar con sentidiño as TIC.

Dirixido a: nenos de 10 a 14 anos

Xoves (a partir do 7 de maio) | de 18 a 19.30 horas

Obradoiro: Vén, Mira … é Tempo de Creatividade

Obradoiros creativos tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar, aprender…

Museo Provincial de Lugo

Martes | de 18 a 19.30 horas | nenos de 4 a 6 anos
Mércores | de 18 a 19.30 horas | nenos de 4 a 14 anos
Venres | de 18 a 19.30 horas | nenos de 7 a 9 anos

Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor

Sábados | de 12 a 13.30 horas| nenos de 4 a 14 anos

Inscrición: o prazo de matrícula está aberto desde o 23 ao 30 de abril.

Se aínda non sodes do Clube Pequeamigos da Rede podedes chamar aos teléfonos e facervos socios para estar ao tanto de todas as actividades:

982 242 300 – 982 242 112 – Museo Provincial de Lugo Como chegar

982 375 156 – Museo de San Paio de Narla Como chegar

982 594 572 – Museo do Mar en San Cibrao Como chegar

982 165 534 – Museo Pazo de Tor Como chegar

 

Escribe un comentario