Obradoiros para nenos en Lugo

Obradoiros Enrédate na Rede Museística de Lugo 

OBRADOIROS ENREDATE LUGOEsta Semana Santa a Rede Museística de Lugo organiza unha serie de obradoiros nos seus museos de Lugo, San Cibrao, Monforte e Friol, tanto para nenos como para maiores.

Museo Provincial de Lugo

Obradoiro de traxes de papel

Obradoiro onde os participantes se achegarán á figura do deseñador e artista, e inspirándose nos cadros do museo realizarán os seus propios traxes con diferentes tipos de papel.

Dirixido a: nenos e nenas de 8 a 12 anos

25 de marzo | de 11.30 a 13.30 horas

Obradoiros de stop motion: Historias fantásticas no MPLugo

Obradoiro de creación audiovisual mediante a técnica de animación de stop motion. Os participantes coñecerán esta nova forma de realización de curtametraxes, elaboraráse un guión previo, coñecerán o funcionamento da técnica e foto a foto irán contando a historia.

Dirixido a: nenos e nenas de 8 a 15 anos

26 e 27 de marzo | de 11.30 a 13.30 horas

Obradoiro Sinais na pedra. Dos petróglifos ás labras

Obradoiro complementario da exposición Sinais na pedra. Dos petróglifos ás labras no que os nenos aprenderán o método para reproducir os motivos de petróglifos como os que están na exposición e as ferramentas coas que se labraban os petróglifos.

28 e 29 de marzo | de 11.30 a 13 horas | Nenos de 6 a 10 anos

30 e 31 de marzo | de 11.30 a 13 horas | Nenos de 10 a 14 anos

Para facer a inscrición (PDF) ou solicitar máis información podedes chamar aos teléfonos 982 242 300 ou 982 242 112 ou a través da web: Museo Provincial de Lugo.

Museo Provincial do Mar

Obradoiro Peque-fotógrafos

Con materiais reciclados e témperas recrearemos unha cámara fotográfica e debuxaremos un “negativo” no que cada un contará unha historia imaxinada co que vexamos nas salas do museo.

Dirixido a: nenos e nenas de 4 a 12 anos

26 de marzo | de 11.30 a 13 horas

Obradoiro Arriba periscopio!

Como nos verán os peixes e o resto das criaturas mariñas que habitan nas profundidades do mar? A través dos lentes do periscopio imos coñecer esta perspectiva, como un medio para aprender a valorar os nosos recursos naturais e crear conciencia da importancia que teñen para o noso futuro.

Dirixido a: familias con nenos e nenas de 8 a 12 anos

29 de marzo | de 11.30 a 13 horas

Para facer a inscrición (PDF) ou solicitar máis información podedes chamar ao teléfono 982 594 572 ou na web: Museo Provincial do Mar.

Museo Pazo de Tor

Obradoiro de stop motion: Historias fantásticas no Pazo de Tor

Obradoiro de creación audiovisual mediante a técnica de animación de stop motion. Os participantes coñecerán esta nova forma de realización de curtametraxes, elaboraráse un guión previo, coñecereán o funcionamento da técnica e foto a foto irán contando a historia.

Dirixido a: nenos e nenas de 8 a 15 anos

26 y 27 de marzo | de 17 a 18.30 horas

Obradoiro de stop motion: Contamos coa túa ollada

Con esta actividade queremos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitan as súas sensacións e percepcións a través da arte, queremos que nos pinten o pazo trala súa ollada. É un obradoiro de observación, de pintura e de sentimentos.

Dirixido a: familias

31 de marzo | de 11 a 14 horas aprox.

Para facer a inscrición (PDF) ou solicitar máis información podedes chamar ao teléfono 982 375 156 ou na web: Museo Pazo de Tor.

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Obradoiro Peque-fotógrafos

Con materiais reciclados e témperas recrearemos unha cámara fotográfica e debuxaremos un “negativo” no que cada un contará unha historia imaxinada co que vexamos nas salas do museo.

Dirixido a: familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos

25 de marzo | de 17 a 19 h

Obradoiro Peque-fotógrafos

Con materiais reciclados e témperas recrearemos unha cámara fotográfica e debuxaremos un “negativo” no que cada un contará unha historia imaxinada co que vexamos nas salas do museo.

Dirixido a: familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos

28 de marzo | de 12 a 14h

Para facer a inscrición (PDF) ou solicitar máis información podedes chamar ao teléfono 982 165 534 ou na web: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

 

 

Escribe un comentario