O señor das dunas

O señor das dunas

Hai moitos anos, durante unha viaxe intercontinental, un barco naufragou á altura da Costa da Morte. As correntes mariñas arrastraron a un vello bibliotecario, amante da literatura e das historias ben contadas, ata a praia de Corrubedo. Alí comezou a contar contos tradicionais, que acompañaba e enriquecía con debuxos feitos con area…

E de Corrubedo ás vilas de Galicia, O Señor das Dunas visítanos contando cinco contos populares galegos, xunto cun alumno aventaxado que ilustra sobre a area a historia que nos narra a medida que se vai relatando.

O señor das dunas é un espectáculo do programa de dinamización lingüística FalaRedes, dirixido a toda a familia. Dende os nenos ata os máis maiores da casa poderán disfrutar desde contacontos baseado na literatura oral galega e da ilustración do relato feita con area.

Ademáis todos asistentes recibirán como agasallo un libriño que recolle os cinco contos que escoitaron, para que tamén eles se convertan en fontes de coñecemento e espallen a cultura e a lingua galega aos máis pequenos.

E para seguir contando na casa podedes ler Contos arredor do microondas, unha iniciativa encamiñada a mellorar as técnicas de expresión oral, con estratexias e reflexións “para conseguir que ladeen a cabeza e que abran a boca“.

Estas son as datas e lugares previstos para os próximos meses:

En Xaneiro:

5 de xaneiro | 16 horas | A Baña. Casa da Cultura

12 de xaneiro | 17 horas | Vedra. Centro da Terceira Idade

13 de xaneiro | 18 horas | Taboada. Casa da Cultura do Antigo Cuartel

19 de xaneiro | 12 horas | Lousame. Salón de Actos da Casa da Cultura

19 de xaneiro | 18 horas | Santiago de Compostela. Centro Sociocultural das Fontiñas

20 de xaneiro | 18 horas | Padrón. Auditorio Municipal de Padrón

26 de xaneiro  | 12 horas | Fene. Círculo Cultural Deportivo e Recreativo de Perlío

26 de xaneiro  | 18 horas | Abegondo. Local Social Mabegondo

27 de xaneiro  | 18 horas | Forcarei. Centro Social de Forcarei

En Febreiro:

2 de febreiro | 18 horas | Rois. Auditorio do Edificio Multiúsos

3 de febreiro | 12 horas | Outeiro de Rei. Casa da Cultura

3 de febreiro  | 18 horas | Cospeito. Salón de Actos da Casa da Cultura da Feira do Monte

10 de febreiro | 18 horas | Baiona. Auditorio Municipal Quinto Centenario

Dirixido a: todos os públicos

Duración: 50 minutos

Prezo: Entrada libre (sen necesidade de inscrición previa)

Máis información na web de FalaRedes

 

Escribe un comentario