Música para bebés en Lugo

Queredes gozar da música cos vosos bebés? No Centro de Música Fingoi en Lugo imparten clases de música para bebés nas que as familias aprenderedes cancións para espertar, calmar, estimular, entreter, bañar, alimentar e durmir aos máis pequenos…

O programa destas clases de música temperá está baseado en diferentes metodoloxías entre as que destaca a Music Learning Theory desenvolvida por Edwin Gordon nos anos 80: unha explicación de cómo aprendemos música. A música apréndese como a linguaxe, da mesma forma que un neno aprende a falar debe aprender música, pero para isto debe nutrirse dos mesmos estímulos musicais que verbais. A Music Learning Theory secuencia este proceso comprensivo con claridade, xa que a clase é guiada por unha profesora que ofrece cancións con diferentes métricas e xeitos acompañadas de actividades variadas.

  • Dirixidas a: familias con bebés de 0 a 3 anos
  • As clases teñen unha duración de 45 minutos (1 día á semana)
  • Inscrición e información na Secretaría do Centro de Música Fingoi (no mail secretaria@centromusicafingoi.com) ou no teléfono 982 284 094
  • Centro de Música Fingoi Como chegar
CLASES GRATUITAS

Para que podades probar de primeira man como son estas clases, a vindeira fin de semana haberá dúas sesións nas que poderedes participar de balde. É IMPRESCINDIBLE reservar praza.

  • 11 de marzo | 17 horas | *bebés de 0 a 18 meses
  • 12 de marzo | 11.30 horas | *bebés de 18 a 36 meses
  • Para reservar praza podedes chamar ao teléfono 982 284 094

 

 

 

Escribe un comentario