Mércores Miúdos en Lugo 2013

Mércores Miúdos en Lugo 2013

mercores miudos 2013Un ano máis a programación de verán Cultura Aberta chega a Lugo: martes de cine social, mércores miúdos, xoves de cultura e dous venres de teatro. Destacamos as actividades dirixidas aos máis pequenos, pero podedes consultar o programa completo (AQUÍ).

3, 10, 17, 31 de julio e 7 de agosto | 18.30 horas

3 de xullo | A nena e o grilo nun barquiño. A nena e mais o grilo van emprender unha viaxe que lles permitirá descubrir, ademais do mundo e das súas aventuras, o seu propio mundo interior. 

10 de xullo | Circo Chosco. Espectáculo cómico con incríbles acrobacias aéreas, acrobacias de chan, lume malabar, risco e interacción co público.

17 de xullo | María Fumaça. A música, a luz e as situacións cómicas teñen un gran protagonismo neste espectáculo, no que o público participa activamente cantando e bailando.

31 de xullo | Os Sete Magníficos máis un. Un espectáculo no que esta parella de clowns recrean números cómicos cheos de acrobacias, risco e emoción.

7 de agosto | Tonecho Castelos e Pablo Esqueira. Un concerto didáctico para achegar aos nenos melodías e ritmos tradicionais a través dunha linguaxe sinxela, amena e de maneira interactiva.

Dirixido a: público infantil e familiar

Xardíns da Deputación en Lugo Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario