Mercados de verán en Mondoñedo

Este verán en Mondoñedo a asociación de produtores Horta Mariña e o colectivo cultural Tanque de Zinc poñen en marcha os Mercados de verán: os Domingos Frescos  e os Xoves con Xeito na Praza da Catedral. Nos Domingos Frescos poderedes atopar os produtos da horta local e de temporada. Cada domingo estará dedicado a un produto e haberá obradoiros infantís para que os máis pequenos se familiaricen con estes alimentos. Os Xoves con Xeito focalizan a súa actividade en postos de deseño, artesanía, comida e cócteles, así como espectáculos de rúa e música en directo.

Domingos Frescos

14, 21 e 28 de xullo, 4 e 18 de agosto | de 10.30 a 14 horas

Xoves con Xeito

18 e 25 de xullo e 1, 8 e 15 de agosto | de 19.30 a 23.30 horas

Praza da Catedral en Mondoñedo Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.