Marionetas e contos do mundo

Marionetas e contos do mundo

O Museo Provincial de Lugo acolle durante este mes a exposición Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado Paradinas. Se queredes coñecer en familia os monicreques e marionetas de distintos lugares do mundo e os seus contos e lendas da tradición oral e teatral de diferentes culturas tedes que visitar a exposición que ata o 31 de xaneiro estará no Museo Provincial de Lugo.

expo marionetas do mundo lugo

Monicreques e marionetas formaron parte da versión didáctica e amena de historias do Mahabarata e do Ramayana hindú, de ritos e maxia no mundo africano, anécdotas e historietas de pícaros como Nasredin, Yehá, Guignol, Arlequín, Gorgorito, Punch Kasperle, Petrouska ou Wolf, e de todas as fábulas e contos que oímos de pequenos a través das recompilacións de Fedro, Esopo, Iriarte, Samaniego, Fenelón, os irmáns Grimm, Andersen ou Perrault.

Esta exposición quere ofrecerlle, non só aos pequenos senón tamén aos máis maiores, unha mostra de como as historias se van adaptando aos novos tempos e creando novas personaxes, entre as que destacan as actuais marionetas de Barrio Sésamo, os Fraggle, Dora, Pocoyó, Trancas e Barrancas e outros mil personaxes habituais xa nos programas de televisión.

A colección de Pedro Lavado, que conta con máis de dúas mil marionetas e monicreques de todo o mundo, e das que aquí se mostran duascentas, busca un lugar onde asentarse definitivamente para que nen@s e adultos sigan soñando con esas historias e contos.

Ata o 31 de xaneiro

Horario: De luns a venres de 9 a 21 horas | Sábados de 10.30 a 14 e de 16.30 a 20 horas | Domingos e festivos de 11 a 14 horas

Para máis información podedes chamar ao teléfono 982 242 112 ou escribir ao mail info@museolugo.org.

Obradoiros de monicreques

monicreques lugoOs sábados ás 12 horas os nen@s e as familias poden participar nun obradoiro para aprender a crear un monicreque. Tan só precisan levar un calcetín.

Dirixido a: Nen@s de todas as idades e familias

Sábados | 12 horas

 

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO Como chegar 

 

 

Escribe un comentario