Lugoteando 2013

 

Lugoteando 2013 

Este verán regresan á provincia de Lugo as actividades gratuítas de ocio medioambiental: Lugoteando. Son propostas para que tanto nenos como maiores practiquen deporte e disfruten probando diferentes modalidades deportivas:

lugoteando2013

Sea Scooter. Novidoso modo de impulsarse por enriba ou por debaixo da auga sen ningún esforzo cun aparato que permite facer snorkel e mergullarse.

Paddle-surf. Rutas guiadas polo río a bordo de táboas de surf a remo.

Banana acuática. Trátase dun neumático xigante no que vas sentado xunto a outras persoas e arrastrado por unha embarcación a motor.

Patinetes acuáticos. Pequenas e divertidas embarcacións para desprazarse pedaleando. Ideais para os máis pequeos da casa.

Canoas

Longskate. É unha variante do skate, máis longo do habitual.

Bolas acuáticas. Divertido modo de camiñar sobre a auga ao ser introducido nunha bóla de plástico transparente e cunha cremalleira que será inchada.

Skates a motor. O skateboarding é un deporte de rúa que se practica cun skateboard, preferentemente nunha superficie plana onde se poida rodar.

Xogos infantís acuáticos para os máis pequenos.

Surf.

Segway. É un vehículo de transporte lixeiro xiroscópico de dúas rodas. O usuario debe inclinarse cara a dirección que queira tomar. O motor é eléctrico, silencioso e non contaminante.

Simulador de surf. Permite experimentar a sensación de surf con total seguridade e en calquera lugar, grazas a unha corrente de auga. O simulador é unha actividade interactiva, dinámica e lúdica xa que serve para aprender os primeiros pasos do equilibrio sobre unha táboa de sur.

Dirixidos a: nenos maiores de 7 anos.

Inscrición: a inscrición xeral está aberta no teléfono 982 260 147 ou no propio lugar das actividades. Tamén a través do formulario en liña.

DATAS. As actividades serán todas en horario de 15 a 20 horas

27 de xullo | A Pontenova – Pozo da Ola

 28 de xullo | A Fonsagrada – Praza do Museo 

3 de agosto | O Valadouro – Praza de Ferreiro do Valadouro 

4 de agosto | O Incio – Praza do Concello

10 de agosto | Viveiro – Rampa do Clube Náutico de Viveiro

11 de agosto | Monforte de Lemos – Parque dos Condes

17 de agosto | Foz – Praia da Rapadoira 

24 de agosto | Vilalba – Área Recreativa A Madalena 

7 de setembro | Lugo – Río Miño – Área Recreativa Os Robles

8 de setembro | Lugo – Río Miño – Área Recreativa Os Robles

¡Compártelo!
Artículo anteriorPaseo máxico por Pontevedra
Artículo siguienteLos Pitufos 2

Escribe un comentario