Lugo, cidade de conto

Lugo, unha cidade de conto é un programa de actividades do campUSCulturae a través do que poderedes gozar cos contos e a cultura nunhas xornadas cheas de maxia.

A rebelión do monicreque

A rebelión do monicreque é un espectáculo da  compañía Matapiollos para os pequenos no que se mesturan os monicreques cos actores. Trapos e Anteollos son dous monicreques que viven esquecidos no armario dunha nena chamada Ofelia; pero un día esa situación vai cambiar. Con esta obra, os nenos van redescubrir unha forma de xogo, os monicreques, que se poden fabricar case con calquera cousa.

19 de xullo | 19.30 horas | Casa do Saber

Entrada gratuita ata completar o aforo

Obradoiros

Os nenos e maiores poderán participar libremente desde as 11 da mañá ata a noitiña nos distintos obradoiros de narración oral e teatro, expresión corporal e creación, ilustración ou obradoiros de reciclaxe e creación.

20 de xullo | dende as 11 horas | Praza Maior – Praza Anxo Fernández Gómez – Quiosco da Música

 Obradoiro Contamos contigo

Esta xornada de conto rematará coa celebración de diversas actividades e actuacións de dinamización abertas á participación activa de quen queira contar ou cantar da maneira que lle apeteza facelo.

20 de xullo | de 18 a 20 horas

 

Lugo Como chegar

Escribe un comentario