Limpeza de praias no Día Mundial dos Océanos

Limpeza de praias no Día Mundial dos Océanos

limpeza praias adegaADEGA volve un ano máis a organizar a Limpeza simultánea de praias para celebrar o Día Mundial dos Océanos, o 8 de xuño. A asociación ecoloxista anima a participar nesta actividade de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. O día 8 de xuño diferentes grupos de toda Galicia uniránse para limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental.

Neste mapa podedes ver tanto as praias nas que se vai a realizar a limpeza como as entidades organizadoras. Podedes unirvos a limpezas xa organizadas ou propoñer limpezas en novas praias.


Ver Limpeza simultánea de praias 2013 en un mapa más grande 

Concienciar aos máis pequenos

Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos nas praias provén de zonas do interior pola mala xestión de residuos, que, sumado a outros vertidos acada os 7 millóns de toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos. Ademáis do impacto visual que os residuos plásticos causan nos mares e nas praias,  tamén son un grave perigo para a fauna mariña.

Dende ADEGA explican que a mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. Para conseguir un cambio nos hábitos de consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia e por iso nos parece un plan xenial para facer cos nenos e amosarlle cómo se poden cambiar as cousas.

Se estades interesados en participar podedes poñervos en contacto  con ADEGA a través do mail lucia@adega.info e dos teléfonos 649 611 508 ou 981 57 00 99.

¡Compártelo!
Artículo anteriorCampamento de verano en Bulebule
Artículo siguienteMini (S8)

Escribe un comentario