Ler conta moito 2013

ler conta moito

Ler conta moito é un programa que busca a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas galegas a súa promoción como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Son actividades para achegar aos nenos e á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica.

30 de setembro

18.30 horas | Biblioteca de Federico García Lorca en Montrove – Liáns (Oleiros) | O Aviador. É un espectáculo de aventuras destinado ao público infantil a partir dos 3 anos. É a historia do encontro dun aviador cun Moucho, que coma todos os mouchos, lle gusta máis a noite que o día. O Aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho, pero será posible vivir nun mundo sen sol?

18.50 horas | Biblioteca Dora Vázquez en Oseiro (Arteixo) | Historias da Maletra. É un espectáculo de contacontos co que viaxaremos polo mundo adiante, coñecendo as diferentes culturas e costumes dos diferentes continentes. Incluíndo lendas e historias antigas que nos axudarán a redescubrir a nosa propia historia e cultura galega.

*Iremos actualizando as actividades das semana…

Podedes consultar máis actividades deste programa de dinamización da lectura na súa web: Ler conta moito. Cada semana iremos actualizando coas novas actividades.

 

 

Escribe un comentario