I Festival Cómico Festivo de Monforte

I Festival Cómico Festivo de Monforte

Estes días coincidindo coas festas do verán en Monforte celébrase o primeiro Festival Cómico Festivo A Rúa é vosa con espectáculos para pequenos e maiores.

comicos del auto

12 de agosto

12 e 20 horas | Os cómicos dell auto

A troupe de cómicos da Compañía de Teatro Ambulante Os cómicos dell auto, co seu impresionante vehículo, achegarán ao público unha serie de pezas teatrais inspiradas na tradición da Commedia dell’Arte. Sairá da praza da Estación e fará un percorrido polas rúas da cidade con diferentes paradas até rematar na rúa Cardeal.

13 de agosto

12 e 20 horas | Fitness

Polo centro urbano representarase un happening. Desde o humor e a sutileza dunha clown muda e con certo aire de misterio ofrecerase polas rúas da cidade un retrato crítico de certos clixés construídos socialmente ao redor do universo feminino.

13 e 21 horas | Musicoloco

Na rúa do Cardeal o Musicoloco poñerá en escena o seu espectáculo circense-musical Zapatóns, bucinas, campás, tixolas, tambores, pratos, chocas, rodas que xiran transportando vida e lembrándonos que entre o clown e o seu público o sorriso é o camiño máis curto.

14 de agosto

12 e 20 horas | Mago Migueliño

Na Praza de España o Mago Migueliño realizará unha montaxe fresca e actual onde a maxia máis divertida se mestura coas técnicas máis clásicas para ofrecer un espectáculo diferente no que a participación do público vai mando o seu desenvolvemento.

13 e 21 horas | Ringo Rango

Na rúa do Cardeal o show de Ringo Rango faranos gozar dun espectáculo de circo, música e humos. Estas disciplinas nas que se moven os seus integrantes crean un arriscado exercicio cómico no límite do absurdo.

16 de agosto

12  e 20 horas | Don Gelati

Espectáculo de maxia na praza de España Don Gelati sufrirá todo tipo de infortunios no seu camiño, que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia para que os seus xeados non se derretan.

13 e 21 horas | Pablo Superstar Cool

O clown, a maxia e o teatro do absurdo na rúa do Cardeal Pablo Superstar Cool representará un espectáculo que busca a risa a base de crear situacións imposibles de asimilar sen un nariz vermello no corazón.

Monforte Como chegar

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorActividades en Bueu
Artículo siguienteMergúllate no Océano

Escribe un comentario