Galego de cine

Galego de cine

Dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística deu comezo o obradoiro de cinema Galego de cine para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

galegodecine

Durante o mes de setembro, unha pequena caravana percorrerá as localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística proxectando curtas de animación en galego para os nenos e nenas. Posteriormente, os rapaces terán ocasión de participar nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no seu achegamento ao cinema na lingua galega.

Os resultados deste traballo poderán verse na canle de Youtube Galego de Cine. Cando finalice a viaxe da caravana polos concellos galegos farase un concurso no que se premiarán os mellores relatos en galego contados ante a cámara por cada grupo de nenos e nenas participante na actividade. Cadaquén poderá votar polo seu favorito e os gañadores recibirán o libro-DVD O soldadiño de Chumbo.

Aquí tedes as fechas e os lugares onde se levará a cabo este programa:

1 de setembro | 16.30 h – 19.30 h | A Pobra de Brollón. Área Recreativa Sanugueiro, biblioteca

2 de setembro 15.00 h – 18.00 h | Ribas de Sil. Praza Maior

7 de setembro | 17.00 h – 20.00 h | A Bola. Salón Baixo do Concello, biblioteca

8 de setembro 11.00 h – 14.00 h | Celanova. Praza Maior

8 de setembro 17.00 – 20.00 h Terra de Celanova. Quintela de Lairado, praza de San Pedro

14 de setembro 17.00 h – 20.00 h Avión. Centro Edificio Primaria

15 de setembro 17.00 – 20.00 h San Cristovo de Cea. Enfronte do Edificio Multiúsos

16 de setembro 11.00 h – 14.00 h Marín. Rúa da Sagrada Famila. Aula de Música

16 de setembro  17.00 h – 20.00 h Vilaboa. Entrada Casa da Cultura

21 de setembro 18.00 h – 21.00 h Ponteareas. Praza Maior

22 de setembro 17.00 h – 20.00 h Carballedo. Praza do Concello

23 de setembro 17.00 h – 20.00 h A Lama. Praza da Alameda

26 de setembro 16.30 h – 19.30 h Melón. Parque de Melón

27 de setembro 17.30 h – 20.30 h Carral. Campo da Feira

28 de setembro 17.00 h – 20.00 h Santiago de Compostela. Praza do Toural

30 de setembro 10.30 h – 13.30 hXove. Praza Centro Cívico

30 de setembro 17.00 h – 20.00 h Cee. Praza 8 de Marzo

Dirixido a: Nenos e nenas de 6 a 12 anos

Prezo: Entrada libre (sen necesidade de inscrición previa)

Máis información na web de FalaRedes

Escribe un comentario