Festiclown 2013 en Lugo

Festiclown 2013 en Lugo

Esta semana celébrase en Lugo Festiclown 2.0 multisede. As risas encherán distintos espazos da cidade do 3 ao 7 de xullo. Espectáculos, exposicións, proxeccións e formación para celebrar una nova edición deste Festival Internacional de Clown. O barco pirata da risa desembarca no porto lugués para levar as gargalladas, a formación, o  compromiso e a solidariedade á cidade da Muralla.

festiclown Lugo 2013

Dous son compañía con Animación clown

Integrado polos cómicos Pedro Brandariz e Fran Rei, o grupo de teatro de rúa Dous son Compañía está especializado en animacións, con sinxelos espectáculos itinerantes nos que a improvisación, a interacción co público, a provocación e a inmediatez son as protagonistas. 

3 de xullo | 12.30 horas | Rúa da Raíña e rúas próximas

Peter Punk con Peter Punk e a Chungatrona

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona!

4 de xullo | 21 horas | Praza do Campo

7 de xullo | 12.30 horas | Campo Castelo

7 de xullo | 18.30 horas | Praza Maior

Os Sete Magníficos máis Un con O gordo e o calvo van ao médico

Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público. O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medicamento, co academicismo dos doutores e das doutoras, coa solemnidade das salas de espera, co pavor ao bisturí, coa superficialidade da cirurxía estética…

4 de xullo | 22.30 horas | Praza Maior

Capitán Maravilla con Mono A Mono B

Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible da compañía Capitán Maravilla que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público. Todo comeza cando un coche “Mini” entra en escea, un coche fantástico no que os nosos Monos saltarán, viaxarán e ata plantarán lume. Veremos como saen de todos estes apretos. Humor, acrobacias e malabares son só unha pequena parte deste circo animal.

5 de xullo | 21 horas | Praza do Campo

6 de xullo | 22.30 horas | Praza Maior

Kanbahiota Trup con Vaia Circo

Tres personaxes, un Circo que hai que sacar adiante sen trapecistas, malabaristas, acróbatas, equilibristas… Serán as nosas tres personaxes as que, en clave de humor, terán que sacar a función a termino superando infinidade de problemas. Un show de 50 minutos con elementos realmente novidosos e espectaculares: aéreos, portes coreanos, mástil chinés, aro cyr, portes, clown e moitos outros.

5 de xullo | 22.30 horas | Praza Maior

Ale Risorio con Alegrativo en comprimidos

Ale Risorio presenta este espectáculo unipersoal de humor e idioma universal. Un clown inocente, mordaz e irreverente, mestre da tontería e o absurdo que, a través da súa personaxe sutilmente delineada -con imaxe e son cartoon- e a intelixente interacción co público crea sorprendentes situacións cómicas.

6 de xullo | 17 horas | Rúa da Raíña

6 de xullo | 21 horas | Praza do Campo

Pablo Superstar con Pablo Superstar Cool

Pablo Muñoz ofecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un Superstar no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e Pablo Muñoz, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible.

5 de xullo | 17 horas | Rúa da Raíña

7 de xullo | 17 horas | Praza Maior

Wilbur con Wilbur

Wilbur é un espectáculo de circo cheo de acrobacias, humor e risco, moito risco; a única maneira na que Wilbur sabe vivir. Só e sen axuda, Wilbur amosaranos que a maneira de crear situacións nas que as acrobacias e o humor, xunto coas contracturas, os desgarramentos e tiróns, nos sorprenderán e desconcertarán sen ningún tipo de control.

6 de xullo | 12.30 horas | Campo Castelo

Pasarrúas percusión – clown

Catro percusionistas – clown e dpous artistas de circo farán rir e animarán a participar ao público nas diferentes actividades incluídas no Festiclown 2.0 Multisede – Lugo. Pasarrúas cheos de ritmo e
cor cunha trup de Percusiosionistas-clown do máis disparatados.

3 de xullo | 19 e 21 horas

4 de xullo | 12.30, 17 e 18.30 horas

Festival solidario

festiclown 2013Expocisións, proxeccións e actuacións formarán parte do apartado Solidario do Festiclown. O día 3 de xullo ás 18 horas na Casa Clara Campoamor actuará Fran Rei con A historia de Brancaflor, actuación en colaboración coa Asociación Afalu para persoas usuarias e familiares. O día 4 proxectarase o documental Mares de risa ás 18 horas na Casa do Saber. Nesta produción audiovisual de Pallasos en Rebeldía e Nobody Films Productions poderemos adentrarnos na faceta máis solidaria do Festiclown e Pallasos en Rebeldía ollando como ambas as dúas entidades tiveron representación como convidadas no Festival de Cinema do Sahara, Fisahara 2012.

Dende o 4 ao 7 de xullo poderedes visitar a exposición Festiclown Palestina no C.S. Uxío Novoneyra de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

Podedes consultar o programa completo na web do Festiclown

Os espectáculos son gratuitos

PRAZA MAIOR de Lugo Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.