O San Froilán Miúdo
Como cada outubro comezan en Lugo as Festas de San Froilán e este ano veñen cargadiñas de actividades para os miúdos da casa. Dende o 4 ata o 12 de outubro os rapaces e rapazas poderán disfrutar de pasarrúas, teatro, maxia, contacontos, malabares… que encherán de alegría e colorido as rúas e prazas da cidade.
Merlín
5 de outubro | 12:30 h | 18:00 h
Lugar: Carpa dos Xardíns da Deputación
A compañía de teatro Os Quinquilláns combina en Merlín a interpretación actoral con cancións, batallas, pequenas maxias e algún boneco que os acompaña na aventura por Avalón, a “Illa das mazás”.
Desfile de Xigantes e Cabezudos
6 outubro | 12:30 h
Lugar: Praza Maior
Desfile de Xigantes e Cabezudos a cargo de Trebas Galaicas.
Kote Malabar Cirkote
6 outubro | 18:00 h
Lugar: Xardíns da Deputación
Animación de rúa da man do artista Kote, cómico e malabarista. No seu espectáculo combinará técnicas de teatro, circo, clown, malabares e moito humor que farán as delicias de toda a familia.
Ensalada de Instrumentos
7 outubro | 18:00 h
Lugar: Xardíns da Deputación
A cargo da compañía Os 3 tenedores e a obra Ensalada de Instrumentos, onde ofrece unha viaxe a través da historia dos instrumentos na que os rapaces serán os protagonistas, probando eles mesmos instrumentos coma o violín, teclado, guitarra, batería e outros instrumentos non convencionáis.
Vacacións no mar
8 outubro | 18:00 h
Lugar: Xardíns da Deputación
Divertido espectáculo de títeres de guante a cargo da compañía Mircromina Teatro, no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra cuns caracteres e uns aconteceres renovados para o público infantil de hoxe en día.
Peruchiña busca axuda
9 outubro | 18:00 h
10 outubro | 18:00 h
Lugar: Xardíns da Deputación
A cargo de Mª Inés Cuadrado, narradora, docente e cunha ampla experiencia como actriz realizando espectáculos sobre contos, lendas e poemas para público infantil e adulto. Nesta ocasión presenta esta montaxe titulada Peruchiña busca axuda.
Polos Pelos
11 outubro | 18:00 h
Lugar: Xardíns da Deputación
Os Assircópatas desenvolven circo dunha maneira teatral. Nesta ocasión presentan a súa montaxe “Polos Pelos”, a historia dun perruqueiro particular que terá que reinventarse para adaptarse aos tempos modernos.
Teatro Infantil
12 outubro | 12:30 h | 18:00 h
Lugar: Xardíns da Deputación
A compañía Teatro de Ningures presentan a súa montaxe de rúa Cómicos dell´auto acompañados dun pequeno autobús de época, e percorrerán as rúas do centro da cidade, facendo pequenas paradas para interactuar co público. Rematarán na Rúa San Marcos, diante da Deputación, coa representación da micropeza A Comedia de Carmiña.
Máis información consultando o Programa das Festas