Feira do Libro de Lugo 2016

O 17 de maio comeza en Lugo a 34 edición da Feira do Libro. Contacontos, presentación, música… na Praza Maior de Lugo dende o 17 ao 22 de maio. O horario é de 11.30 a 14h e de 17.30 a 21 horas. Este é o programa de actividades:

17 de maio

  • 13 horas | Contacontos con de Miguel Ángel Alonso Diz
  • 18 horas | Inauguración da feira. Pregón do escritor Xerardo Quintiá
  • 18.15 horas |  Cantos animais. Actuación de Susa Herrera
  • 19 horas | Presentación do libro O Gaiteiro de Santo Xusto de Bruno Villamor
  • 20 horas | Actuación da Banda de Gaitas e Grupo de Baile de Cantigas e Frores

18 de maio

  • 12 horas | Pepa la Cuentera: La Oca de los Números. Actividade infantil con participación escolar
  • 17.30 horas |  Contacontos con Miguel Carregado, traducido á linguaxe de signos, pola FAXPG
  • 18 horas | Pepa la Cuentera. La Oca de los Números
  • 19 horas | Presentación do libro – CD A música dos Carricoba, de Federico Vázquez de la Fuente
  • 20 horas | Claudio Rodríguez Fer presenta o seu libro Cinepoemas

19 de maio

  • Pola mañá | dobre sesión escolar de Catalina, lino, lina de GlupGlup Teatro
  • 18 horas | Taller de Braille impartido pola ONCE e actuación do Conservatorio de Danza de Lugo
  • 19 horas | Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Club de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo
  • 20 horas |  Preséntase O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá

20 de maio

  • Pola mañá: Dobre sesión escolar: Vicentiño e as árbores da paz con Servando Barreiro
  • 17.30 horas |  Preséntase o libro infantil A música das árbores con Anxo Moure e Servando Barreiro
  • 18.30 horas |  Storytime titulado Cowboys&Indians! Organizado por Kids&Us Lugo
  • 19 horas | Preséntase A nosa terra é nosa. A xeira das irmandades, de Emilio Insua
  • 20 horas | Preséntase Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes
  • de 21 a 23.30 horas | OS OUTROS FEIRANTES. Unha festa dentro da Feira. Evento nocturno no que participan: Lois Pérez, Esther Carrodeaguas, O Mago David Méndez, Música de Zercalo

21 de maio

  • 12 horas | Contacontos Leyenda de un beso por Asunción Carracedo
  • 12.45 horas | Concerto Cuartetos de saxofón dentro da XLIV Semana de Música do Corpus – Festival de música cidade de Lugo
  • 17.30 horas | Contacontos para nenos e firma de exemplares do libro Canción do sol, de Estefanía Padulles
  • 18.30 horas | Presentación e firma do libro Muxicas, de Iria López “Ika”, e do libro FORON,
    SOMOS, de Iria López e José Estévez
  • 20 horas | Dráculaesdrújulo. Show oral para adultos coa presenza da súa autora e narradora underground Cristina Miranda

22 de maio

  • 12 horas | Clase maxistral de banda deseñada a cargo de Miguel Fernández
  • 13 horas | Francisco Narla asina Donde aúllan las colinas
  • 17.30 horas | Explorando contos con Ana, Marta e Mónica, de Medrando en Lugo. Contacontos e obradoiro de fabricación dun libro
  • 18.30 horas | Mesa redonda Clubs de Lectura

E durante toda a feira …

  • CONCURSO DE RELATOS FEIRA DO LIBRO
  • OS LECTORES RECOMENDAN. En colaboración con a Fundación Tic. Ven a gravarte recomendando un libro e formar parte da festa dos libros. Os días 18, 19 e 20 entre as 17.30 e as 19h
  • DEBUXANDO A FEIRA. Exposición. Diversos artistas irán debuxando e pintando a feira ata convertela nunha obra de arte efémera
  • I CONCURSO INTERNACIONAL DE “TAPAS” FEIRA DO LIBRO. Tapa: Substantivo feminino. Cada unha das dúas pezas laterais que forman a encadernación dun libro, caderno, etc., polo xeral, de material duro (Diccionario da RAG). Se queres axudar a decidir cal é a mellor “tapa” pasa pola exposición e vota

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.