FalaRedes: Augalingua

FalaRedes: Augalingua

O programa de dinamización lingüística FalaRedes continúa con actividades para os máis pequenos da casa que se desenvolverán en diferentes concellos galegos. FalaRedes pretende crear espazos de uso e de aprendizaxe en galego ligados ao lecer e á cultura. Búscase reforzar e promover o uso da lingua galega.

augalingua fala redesAugalingua

Este verán os nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán pasar unha tarde de diversión na piscina ou na praia fluvial cos monitores de Reverso, encargados de unir xogos de lingua con outros de rapidez e de habilidade. Unha xornada refrescante para empaparse de auga e de palabras!

3 de xullo | 16.30 horas  |  San Cristovo de Cea – Piscina municipal do Lodairo

4 de xullo | 16.30 horas | Maside – Piscina de Rañoa

5 de xullo | 16.30 horas |  Toén – Piscina municipal ao aire libre

9 de xullo | 16.30 horas | Vilamarín – Piscina Municipal Outeiro Maior

10 de xullo | 16.30 horas | Taboada – Piscina Municipal de Medela

11 de xullo | 16.30 horas | Monterroso – Piscina Municipal da Peneda

12 de xullo | 16.30 horas | Guntín – Piscina Municipal ao aire libre

17 de xullo | 16.30 horas | Ribas de Sil – Praia fluvial San Clodio

18 de xullo | 16.30 horas | Parada de Sil – Praia fluvial Pradomao

19 de xullo | 11 horas | O Barco de Valdeorras – Piscina Municipal ao aire libre

19 de xullo | 16.30 horas | A Veiga – Praia fluvial

22 de xullo | 16.30 horas | Sarreaus – Piscina municipal descuberta

23 de xullo | 16.30 horas | A Bola – Praia fluvial

24 de xullo | 16.30 horas | Muíños – Praia fluvial

30 de xullo | 16.30 horas | Ordes – Piscina municipal ao aire libre

8 de agosto | 12 horas | Parque Acuático de Cerceda

8 de agosto | 16.30 horas | Ordes – Piscina municipal ao aire libre

9 de agosto | 16.30 horas | Piscina municipal de Castrelo de Miño

12 de agosto | 16.30 horas | Lalín – Piscina municipal ao aire libre

Podedes consultar o CALENDARIO na web de FalaRedes.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.