Cultura Aberta en Lugo 2016

Este verano vuelven los espectáculos a Lugo dentro del programa Cultura Aberta: los martes de cine social, los mércores miúdos, los jueves de música y los viernes de teatro. Esta edición será en la explanada del INLUDES durante todo el mes de julio y la primera semana de agosto. Esta es la programación para los más pequeños:

MÉRCORES MIÚDOS | Explanada Includes (cómo llegar) | 18.30 horas

The Chipolatas

The Chipolatas  son os auténticos “gentelmen of the road”. En xira dende a década dos anos 90, presentan actuacións únicas incorporando habilidades de circo de alto voltaxe, música, teatro e danza, e mesturando acordeón, ukelele, frauta traveseira, harmónica e ritmos acústicos con hip-hop e outros estilos de rúa. Os seus espectáculos e inspiración mergúllanse nas culturas do mundo. Esta é a esencia da súa identidade única.

  • 6 de julio | 18.30 horas

 

Uxía e Magín Blanco: Canta o cuco

“Canta o cuco” é a interpretación  que dous experimentados creadores vinculados música infantil, Uxía e Magín Blanco, fan os poemas de Manuel María  para as nenas e os nenos do século XXI; unha proposta na que unha globalidade de ritmos e estilos musicais visten os versos do poeta, desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano. E todo, baixo a ollada do creador escénico Inacio Vilariño da compañía Fantoches Baj.

  • 13 de julio | 18.30 horas

 

Paco Nogueiras: Brinca Vai!

Brinca Vai! é un espectáculo no que o actor e músico Paco Nogueiras, acompañado dos seus instrumentos e a súa querida máquina, fai unha divertidísima viaxe chea de humor, bailes e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas estacionais e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma dun sorriso.

  • 20 de julio | 18.30 horas

 

Jean Philippe Kikolas: Sin remite

Sin remite é un espectáculo inspirado no cómico francés Jacques Tati e a súa curtametraxe L’Ecole du Facteurs (I947). Unha personaxe que esperta un aire de nostalxia. Un xogo cos obxectos, a escena e o público. A través da comedia slapstick ou de diferentes gags visuais, Jean Philippe Kikolas introdúcenos no seu particular mundo, achegándonos a un oficio, o de carteiro, que cada vez nos parece máis lonxano. Para elo, emprega varias técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de rebote e un sen fin de solución para conflitos que se plantexan, que lle levarán mesmo a introducirse dentro dun globo xigante.

  • 27 de julio | 18.30 horas

 

Lydia Botana. De aquí para alá

De aquí para alá é unha proposta musical para público infantil interpretada por Lydia Botana, no que os asistentes se embarcaran nunha Viaxe musical a través da que chegarán a todos os continentes, amosando os distintos bailes, instrumentos, a súa natureza… tratando de espertar o interese pola música e a cultura doutros lugares, valorando a súa diversidade e, por suposto, respectándoa dun xeito didáctico e divertido.

  • 3 de agosto | 18.30 horas

 

Podéis ver el programa completo con la programación para público adulto AQUÍ.

Escribe un comentario