Cuentacuentos en Lugo

A Biblioteca Municipal de Lugo e o MIHL inician novo trimestre de actividades de animación á lectura para os máis pequenos.

Este queixo, queixolán con Pavís Pavós

Sesión de contos para os pequerrechiños da casa na que se combinan libros sorpresa con ditos e cancións da nosa tradición.

  • Dirixido a: bebés de 0 a 3 anos
  • Duración: 30 minutos
  • 18 de febreiro | 18.30 horas

Contiario con Os contos de Pablisimo

No contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos-canción…

  • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 25 de febreiro | 18.30 horas

 

Obradoiro de contos con Miró con Tarabelos

Contacontos + obradoiro. Os nenos pintarán entre todos nun gran cadro os personaxes do conto tal e como os imaxinamos a través dos ollos de Miró.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 27 de febreiro | 12 horas

La liebrecilla de Pascua con Escuela Waldorf Meniñeiros

Conto breve escenificado ao que seguirá un obradoiro no que os nenos farán unha manualidade.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 6 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 3 de marzo | 17.30 horas

 

Maxia cómica con Leo Leíño

Maxia cómica, divertida e sorprendente arredor dos libros, na que se combinan os xogos cunha historia.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 10 de marzo | 18.30 horas

 

Crea fósiles de dinosaurios con Maumarela

Actividade deseñada para que os nenos comprendan os procesos de formación de fósiles e que á súa vez sexan capaces de realizar un, simulando o proceso polo cal un ser vivo se converte en rocha.

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • Duración: 90 minutos
  • 19 de marzo | 12 horas
  • Museo Interactivo da Historia en Lugo

 

Fábulas. Conta comigo, conto contigo con Tarabelos

Contacontos participativo. Imaxinades unha xuntanza de corvos vellos? Case nunca falan de si mesmos, pero moito lles gusta falar dos outros animais!!

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 31 de marzo | 18.30 horas 
  • Museo Interactivo da Historia en Lugo

 

Mashenka y el oso con Escuela Waldorf Meniñeiros

Conto breve escenificado ao que seguirá un obradoiro no que os nenos farán unha manualidade.

  • Dirixido a: nenos de 3 a 6 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 7 de abril | 17.30 horas

 

Homenaxe a Manuel María con Polo Correo do Vento

Actividade baseado no libro O poeta do Miño sobre a vida e a obra de Manuel María na que, guiados polo ilustrador, os nenos realizarán unha caricatura do poeta.

  • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 14 de abril | 18.30 horas

Escribe un comentario