Contos en Rede

Contos novos e vellos, de intriga, de humor… Contos en Rede é a nova actividade de FalaRedes que comezou en outubro e continúa este mes de novembro.  Ana Carreira, Inacio Vilariño e Santi Prego serán os contadores deste proxecto que ten tres obxectivos: incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega e espallar o traballo dos artistas que realizan as súas actividades na lingua propia de Galicia.

  • 21 de novembro | 20 horas | Centro Social A Baña
  • 21 de novembro | 20 horas | Casa da Cultura Val do Dubra
  • 22 de novembro | 20 horas | Casa da Cultura de Palas de Rei
  • 28 de novembro | 19 horas | Casa da Cultura de Quiroga
  • 28 de novembro | 20.30 horas | Casa da Cultura de Ordes
  • 29 de novembro | 19 horas | Casa da Cultura de Boiro
  • 29 de novembro | 19.30 horas | IES de Cotobade

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.