Choiva de post-its o Día dos Museos

Choiva de post-its o Día dos Museos

Os centros da Fundación Novacaixagalicia súmanse á celebración do Día Internacional dos Museos cunha nova proposta creativa que consiste na elaboración dun mural a base de post-its, nos que cada participante poderá deixar as súas achegas, opinións, pensamentos e ideas sobre a arte, a creatividade ou sobre a vida.

post its fundacion NCGAo longo de toda a xornada do día 18 de maio poderedes deixar nas paredes dos centros da fundación na Coruña, Santiago, VigoPontevedra e Ourense o voso post-it e así sumarvos a esta iniciativa. O lema internacional neste ano 2013 é Memoria + creatividade = progreso social e a Fundación Novacaixagalicia aproveita para propiciar a revalorización dos museos como espazos de cultura á vez que participa na intención colectiva de incrementar o diálogo. Durante este día pódese acceder aos museos gratuitamente en todo o mundo.

Dirixido a: todos os públicos

18 de maio

Poderedes participar nesta iniciativa nestes centros da Fundación Novacaixagalicia:

A Coruña Como chegar

Santiago Como chegar

Pontevedra Como chegar

Vigo Como chegar

Ourense Como chegar

 

Obradoiro Letras Galegas

 

 

Escribe un comentario