Cantámosche os reis

Cantámosche os reis

cantamosche os reisOs músicos Pablo Díaz e Olga Kirk impartirán obradoiros de cantos de Nadal nos concellos de Moaña, Palas de Rei, Ames e Campo Lameiro durante a primeira semana de xaneiro. Os obradoiros perseguen a difusión de cancións en galego propias destas festas para que as celebremos na nosa lingua, ademais da recuperación da tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada aldea e vila.

2 de xaneiro | 18 horas | Praza de Abastos de Moaña

3 de xaneiro | 17 horas | Casa da Cultura de Palas de Reis

4 de xaneiro | 12.30 horas | Centro Cultural Sobrino Buhigas en Campo Lameiro

4 de xaneiro | 18 horas | Casa da Cultura do Milladoiro en Ames

Para máis información podedes consultar este PDF.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.